21:09 h. Vernes, 17 de Novembro de 2017

Vigo Dixital

AFOUTEZA CELESTE

A unión fai a forza

Silvia B.P. | @SilviaBP10  |  19 de Febreiro de 2015 (23:29 h.)
Más acciones:

Despois de dúas derrotas consecutivas nos últimos minutos e coa moral polo chan, non xa polos resultados, senón polo ofrecido nestes últimos partidos; a afección lanzou un berro unánime “a unión fai a forza!”. Ao tempo que algúns disparaban desde a súa trincheira mediática e outros metían o dedo na ferida aberta, a afección chamou á unidade para remar cun único obxectivo, recuperar as sensacións do equipo e gañar.

Esa afección que cre por riba de tódalas cousas, fanáticas do 4%, yihadistas do Toto; reaccionou cando o conxunto celeste máis o precisaba. Deu un golpe de remo para afastar aos carroñeros e tomou o timón. Conduciu ao Celta entre fume de bengalas para sumar tres puntos ante o Córdoba. Balaídos ruxiu antes e durante o partido. A unión fai a forza!

Algúns proseguiron a súa teima de pedir cabezas, ao tempo que catro autobuses de celtistas, desafiaban a distancia e temperaturas de cero grados para alentar aos seus en Donostia. Seguimos sumando, catro puntos de seis. A unión fai a forza!

E con estes precedentes chegamos o pasado domingo a Balaídos. O equipo pobre ante o rico que vai de modesto para gañar simpatías. Cos salarios dos xogadores do Atlético de Madrid mercamos seis celtas e sobran cartos. Simeone non falou diso na rolda de prensa. Non tocaba.

Se berramos cunha soa voz chegaremos a máis oídos

O que vivimos ese dia en Balaídos foi apoteósico. Vaia baño futbolístico e táctico! Unha lección de fútbol control para proxectar nas escolas deportivas. Volveu o fútbol de salón. O estadio en pé. Miudiño, miudiño. O vello Balaídos votando. A despedida de Preferencia. Unha auténtica festa. Canto disfrutei na bancada! Seguimos sumando, sete puntos de nove. A unión fai a forza!

Todo comezou tras unha dolorosa derrota. Se traballamos xuntas o beneficio será máximo. Se berramos cunha soa voz chegaremos a máis oídos. Se remamos na mesma dirección o barco avanza. A nosa gloria consiste en erguernos despois de cada tropezo. O sábado seguiremos remando na bancada visitante de Riazor.

Non o esquezades, A UNIÓN FAI A FORZA!