01:17 h. Mércores, 20 de Septembro de 2017

Vigo Dixital

ASÍ SOA VIGO

Atlantic Valley, stoner rock tamén en galego

mosK  |  01 de Novembro de 2014 (11:29 h.)
Máis accións:

Unha banda de Vigo cunha longa traxectoria, que se define a si propia como “un grupo de Stoner Rock formado en Vigo a principios do ano 2011 con xente que xa tocou noutras bandas viguesas. Teñen influencias da escena musical de Palm Desert así como toques psicodélicos mesturados con afinacións graves e distorsións potentes”.

Nos seus concertos pódese apreciar que a súa interpretación ao vivo de marcada intensidade, tanto polos instrumentos coma a do seu vocalista Alexandre, na que se visan os anos de traballo que conflúen nun son conxuntado e definido.

Atlantic Valley fai temas interpretados en inglés e tamén en galego, co que acadan unha perfecta combinación co estilo musical, volvendo demostrar con solvencia que se pode facer rock na nosa lingua soando igual de potente.

Moi recomendábel escoitar o seu album “Mammoth”, e até mercalo por so 3€ en dixital, editado a cabalo de 2012 e 2013.

Atlantic Valley esta composto por:

  • Voz: Alexandre
  • Baixo: Ángel
  • Batería: Simón 
  • Guitarra: Marcos 

 

 

Para escoitar:

Para ver:

 

Ligazóns