21:58 h. Domingo, 22 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

ASÍ SOA VIGO

The Chaos is coming: progressive metalcore feito en Vigo

mosK  |  12 de Septembro de 2014 (14:50 h.)
Más acciones:

mosK, colaborador de VIGO dixital e coñecedor de primeira man da música de base que latexa na cidade, cada fin de semana dará a coñecer un dos grupos que conforman o mapa sonoro de Vigo, aproximando a súa proposta musical.


Para os que gostan da boa música dentro do estilo Progressive Metalcore, a banda viguesa "The Chaos is coming" amosa a forza deste estilo e a súa calidade na interpretación.

O grupo creado no 2009 conta cunha ampla traxectoria de actuacións, tanto en Galiza coma fora dela, cuns directos moi intensos, compartindo escenario con bandas internacionais. Considerado no 2013 como grupo revelación, a súa porposta foi recebida con moi boas críticas na rede.

O grupo está composto por Iván (Vocalista),  David (Guitarra solista), Rod  (guitarra rítmica), Hugo (Baixo) e Airas (batería), un grupo de mozos que apostan pola calidade e moito traballo para acadar un gran resultado. 

"The Chaos is coming"  realizou o seu primeiro vídeo a finais de abril deste ano, realizado por Fer Pereiro, no que se amosa toda a potencia da banda cunha coidada realización xunto coa calidade do tema “Departure”, unha boa mostra para ver e coñecer a este grupo. 

Próximos concertos

Se gostades do vídeo clip co que abrimos esta info e queredes máis, en directo podedes gozar de maior intensidade nos seus concertos, o 13 de setembro en Cangas do Morrazo detrás do Concello a partires das 20:00 horas con entrada de balde xunto a outras moi boas bandas no Memorial a Alex Gandon. O proximo 8 de novembro voltarán ao escenario en Pontevedra, xunto a “Vortex”, “A Symphony For Hannah” e “AmenazaDeMuerte” na sala Tronkobar (Urb. Pontemuiños – Avda. Matos s/n).

 

Ligazóns:


>Facebook: https://es-es.facebook.com/thechaosiscoming
>Twitter: https://twitter.com/TCICBAND
>Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=SmS7rHNnBpE
>Para escoitar: http://tcic.bandcamp.com

>Podedes descargar gratuitamente o seu novo EP "Kaleidoscope" desde:
http://www.mediafire.com/download/sduaw2v2jtcfglc/The+Chaos+is+Coming+-+Kaleidoscope+%282013%29.rar