11:27 h. Sábado, 22 de Xullo de 2017

Vigo Dixital

CONFLITO DA ROTONDA

A Autoridade Portuaria iniciou xa os trámites para o traslado do Bernardo Alfageme

Fontes do organismo confirman que o Concello solicitou a autorización para sacar o buque do astaleiro Cardama, onde se realizan os traballos de reparación.

Redacción | @VigoDixital  |  27 de Xaneiro de 2015 (14:06 h.)
Máis accións:

O Alfageme no estaleiro Cardama (Foto: Roberto Solano)
O Alfageme no estaleiro Cardama (Foto: Roberto Solano)

Os trámites para o traslado do Bernardo Alfageme á rotonda de Coia están en marcha. Fontes da Autoridade Portuaria de Vigo confirmaron a este diario que o Concello xa solicitou autorización para sacar o buque do estaleiro Cardama, onde se están a realizar os traballos de reparación durante as últimas semanas.

Desminten a versión de que a Autoridade Portuaria negara a solicitude do consistorio para o traslado. As mesmas fontes aseguran descoñecer os prazos para a autorización, mais todo fai prever que será nos vindeiros días.

Os traballos para rehabilitar o Alfageme, visiblemente deteriorado polo seu abandono, están moi avanzados no estaleiro Cardama.

Os traballos para rehabilitar o Bernardo Alfageme, visiblemente deteriorado polo seu abandono, están moi avanzados en Cardama. Fontes veciñais apuntan a que a reparación do barco está prácticamente rematada, dado que nos últimos días non detectaron avances no astaleiro. 

A rotonda, lista para o traslado

Tamén na rotonda, onde operarios de Civis Global ultimaban esta mañá as obras na superficie de formigón sobre a que se instalará o buque. O Concello apurou os traballos na redonda de Castelao durante este comezo de ano, despois de semanas de resistencia veciñal. 

Hoxe está case lista para recibir o Alfageme. Só falta por saber cando se realizará o traslado, que terá que facerse de noite, ao tratarse dun transporte especial, e que requerirá de cortes de tráfico e unha escolta policial.