07:27 h. Sábado, 22 de Xullo de 2017

Vigo Dixital

PROTESTA VECIÑAL

Denuncian verquidos ilegais de lixo procedentes do McDonalds do Meixoeiro

Os comuneiros de Lavadores encontraron o pasado domingo unha morea de lixo, a maioría cos logos do coñecido establecemento e a poucos metros do seu local.

Redacción | @VigoDixital  |  08 de Xaneiro de 2015 (17:29 h.)
Máis accións:

Verquido de lixo no Meixoeiro (Foto: Comunidade Montes Lavadores)
Verquido de lixo no Meixoeiro (Foto: Comunidade Montes Lavadores)

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lavadores denuncia verquidos ilegais de lixo procedentes do McDonalds situado no Polígono Comercial do Meixoeiro. O vertedoiro improvisado foi descuberto o pasado domingo, detrás dos cercanos institutos Ricardo Mella e Valentín Paz Andrade. A gran cantidade de elementos cos logotipos do coñecido establecemento alertaron á veciñanza.

Segundo explica nun escrito o presidente dos comuneiros de Lavadores, Antonio Rodríguez, chamaron ao 092, que está a investigar os feitos. Tamén se achegaron a falar coa encargada do establecemento, que relacionou o ocurrido cunha promoción. Comidas e bebidas teñen vales co que conseguir consumicións gratuitas, polo que o motivo da aparición da morea de lixo podería ter conexión con esta campaña.  O informe policial estará listo en dez días, sinalan.

Apuntan a que o establecemento xa pediu unha chave especial para o contenedor, porque non é o primeiro episodio deste tipo, que lle negou o Concello de Vigo.

A Comunidade de Montes de Lavadores cre plausible que se trata de persoas alleas, mais insisten na necesidade de evitar que volva ocurrir. Apuntan a que o establecemento xa pediu unha chave especial para o contenedor, porque non é o primeiro episodio deste tipo, que lle negou o Concello de Vigo.

Consideramos que debe buscarse unha solución a este problema de inmediato, chegando a un acordo co Concello ou coa empresa que recolle o lixo, para evitar que se produza novamente este lamentable suceso, que neste caso afectou ó monte comunal, pero que podería ter afectado a calquera outra propiedade privada”, asegura Antonio Rodríguez.