07:38 h. Sábado, 22 de Xullo de 2017

Vigo Dixital

CONFLITO DA ROTONDA

Terceira detención dun veciño de Coia

O veciño foi como testemuña á comisaría para aclarar os feitos do 15 de decembro, cando se produciu a primeira detención, e rematou no calabozo acusado de atentado contra a autoridade e lesións pola mesma causa. 

Redacción | @VigoDixital  |  09 de Xaneiro de 2015 (15:43 h.)
Máis accións:

A veciñanza fronte ao cordón policial (Foto: Roberto Solano)
A veciñanza fronte ao cordón policial (Foto: Roberto Solano)

Os feitos sucederon o pasado 15 de decembro, durante o primeiro gran dispositivo policial para desaloxar a rotonda. Tamén coincide coa data na que se producen as primeiras sancións e identificacións. Durante o forcexeo co cordón policial, un veciño lanzou supostamente unha patada a un axente municipal. Nese momento, segundo fontes presenciais, o presunto autor e fuxiu dirección Bouzas e, detrás súa, saíron dous policías locais.

O detido pasou toda a mañá no calabozo até prestar declaración. Xa está en liberdade á espera de xuízo, que será o mesmo que o do primeiro arrestado.

Algúns veciños e veciñas decidiron seguilos, ante o temor a posíbeis excesos policiais, aseguran. Entre eles, D.L., que foi testemuña directa do acontecido. Por esa razón acudiu esta mañá a declarar a comisaría. Pero cando chegou, foi detido e acusado de atentado contra a autoridade e lesións, os mesmos que o primeiro detido da protesta veciñal, S., que pide manter anonimato. 

Un policía identificouno onte “sen xénero de dúbidas” como coautor dos feitos acaecidos hai un mes. D.L. pasou toda a mañá no calabozo até prestar declaración e xa está en liberdade á espera da data do xuízo. A causa será a mesma que a de S., no xulgado de Instrucción 4 de Vigo. 

Os axentes que emprenderon a persecución, segundo o parte oficial, remataron lesionados: un con danos graves no xeonllo e outro cunha rotura de fibras no brazo. Poderían afrontar penas de entre 1 e 4 anos de prisión.

O primeiro detido non estaba na protesta

Poucas horas despois da protesta do 15 de decembro, a Policía detiña a S, malia que non estivo na rotonda esa mañá, segundo confirma a veciñanza e os vídeos. Encontrábase na súa casa durmindo, contou a familia, porque traballa de noite. Pola tarde comezaron a chegarlle mensaxes de texto dun número descoñecido, como constatou Vigodixital, que o citaban para quedar. Minutos despois era detido, levado a comisaría e posto en liberdade pola noite. 

A detención prodúcese o día seguinte de que outro veciño, J.J.R, declarara nos xulgados acusado polos mesmos presuntos delitos, pero que sucederon durante o último desaloxo pola forza da rotonda o pasado mércores. O xuízo se celebrara o 4 de febreiro, mais até o 27 de este mes non se coñecera a imputación.