01:22 h. Mércores, 20 de Septembro de 2017

Vigo Dixital

CONFLITO DA ROTONDA

Segunda multa a un veciño de Coia por pitar en apoio aos concentrados na rotonda

As sancións súmanse a unha vixianza permanente da Policía Local na redonda, onde practicaron decenas de identificacións. O colectivo veciñal teme máis casos.

Redacción | @VigoDixital  |  08 de Xaneiro de 2015 (07:03 h.)
Máis accións:

Unha das multas a un veciño de Coia
Unha das multas a un veciño de Coia

Unha das escenas máis habituais na rotonda de Coia, durante os días de resistencia do colectivo veciñal, eran as mostras de apoio de persoas que pasaban co seu vehículo. Dous veciños de Coia veñen de recibir sendas multas por “empregar sinais acústicas sen motivo regulamentariamente admitido”, é dicir, por facer soar a bucina do seu coche.

A sanción ascende a 45 euros, ambas están datadas o 15 de decembro, con apenas tres cuartos de hora de diferencia, e están asinadas polo mesmo axente. O colectivo veciñal teme que aparezan máis casos, dado o aumento dos dispositivos policiais a da presión por parte do Concello de Vigo.

A sanción ascende a 45 euros, ambas están datadas o 15 de decembro, con apenas tres cuartos de hora de diferencia, e están asinadas polo mesmo axente

Dende que conseguiran valar a rotonda, a Policía Local mantivo unha vixianza permanente da rotonda de Castelao, confirman dende a Asemblea Veciñal de Coia. Durante as semanas de resistencia, os axentes identificaron ademais a decenas de veciños e veciños concentrados.

As obras poden reanudarse

Este martes poderán reanudarse as obras na rotonda, paradas polo convenio da construción durante as festas do Nadal. O alcalde volveu a insistir en que a instalación do Bernardo Alfageme seguirá adiante, polo que o conflito ameaza con reanudarse de novo con intensidade. 

Durante a ‘tregua’, o colectivo veciñal conseguiu que a súa denuncia polos presuntos delitos de prevaricación, suborno, malversación e tráfico de influencias fora admitada a trámite pola Fiscalía.