07:20 h. Sábado, 22 de Xullo de 2017

Vigo Dixital

CIDADE CON HISTORIA

VIGO dixital estrea unha sección para coñecer a historia da cidade

Cada mes publicarase un texto do Historiador e Arqueólogo Eduardo Rodríguez Saiz para coñecermos mellor a orixe da nosa cidade, o seu desenvolvento ao longo dos tempos e o inxente patrimonio que nos legou pasado.

Redacción | @VigoDixital  |  02 de Xaneiro de 2015 (19:13 h.)
Máis accións:

Nos últimos anos, o avance do coñecemento histórico en Vigo está a ser espectacular. As noticias que teñen á arqueoloxía e á historia como protagonista comezan a ser habituais nos medios de comunicación locais, o que sen dúbida é unha moi boa nova: o patrimonio cultural é un elemento indiscutible de cohesión social, ademais dunha fonte de goce e crecemento persoal. Esta constante presenza de noticias de natureza histórica fai que aumente a demanda de coñecemento entre a cidadanía.

Aproveitando este pulo, dende VIGO dixital pensamos que é un bo momento para que o coñecemento do noso pasado reverta na veciñanza, para contar que Vigo é unha cidade con historia.

Cun artigo mensual pretenderemos que o coñecemento científico chegue á cidadanía. Temos que ser quen de fomentar o interese da comunidade polo noso pasado, polo noso entorno e polo noso patrimonio: a educación e a cultura seguen a ser instrumentos fundamentais para ao servizo dunha sociedade madura e libre.

A sección “Cidade con historia” estará coordenada por Eduardo Rodríguez Saiz, Historiador e arqueólogo desenvolve proxectos relacionados co patrimonio cultural e arqueolóxico, ademais exercer a docencia en cursos relacionados coa historia e o patrimonio. Autor de máis dunha ducia de artigos en revistas especializadas, en 2013 publicou “As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica”, libro editado polo Instituto de Estudios Vigueses.