22:06 h. Domingo, 22 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

CIDADE POR COÑECER

Mámoa I da Chan do Touciños (Candeán)

Xosé Couñago | Patrimonio Cultural de Vigo  |  25 de Outubro de 2014 (03:05 h.)
Más acciones:

Candeán é a parroquia que máis mámoas ten en Vigo. De feito hoxe en día xa podemos percorrer unha ruta preparada e sinalizada pola que podemos visitar e coñecer 14 túmulos funerarios do neolítico.

Esta mámoa pertencente ao conxunto tumular da Chan dos Touciños e está no barrio da Devesa, ao carón da canceira municipal e do cemiterio de Candeán.

Esta en concreto distínguese polo ortostato de cubricióndo comezo do corredor que aínda conserva. Se observades con atención, moi preto del hai outra pedra de cubrición tirada no chan.

Tamén interesa salientar que esta mámoa conta con 9 ortostatos da cámara e 2 do corredor, sobre as que está a pedra de cubrición á que aludimos.

En total esta mámoa ten uns 16 x 17 metros de diámetro e a súa altura é difícil de precisar debido á maleza que a cobre ao seu arredor.

Estado de conservación: completamente abandonada; sobre todo chama a atención que conservando os ortostatos da cámara e o comezo do corredor, con cubrición incluída, esta mámoa debería ser obxecto dunha especial posta en valor.

Temos que valorar o traballo de intervención que se está realizando nalgunhas das mámoas de Candeán, mais as administracións van demasiado lentas. Todo este patrimonio está deteriorándose a unha velocidade máis rápida do que se está intervindo para a súa conservación.

É unha mágoa que o que se conservou ata nós dende hai uns cinco mil anos, esetea desaparecendo nos últimos tempos a unha velocidade tan grande. E temos os medios e recursos necesarios para impedilo, pero aí están agardando unha intervención, coma enfermos terminais, que para moitas quizais chegue demasiado tarde.

Podedes acceder a unha galería fotográfica de Angel de Prado.

Podedes vela tamén na Ruta das mámoas de Candeán e descargala ao voso navegador GPS.

(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes)

 

[Texto e imaxes publicados con autorización do autor baixo licenza cc by-nc-nd]