00:05 h. miércoles, 24 de abril de 2024

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Compromiso por Galicia non participará na "aventura" de novas coalicións en Vigo

Redacción | @VigoDixital  |  21 de septiembre de 2014 (10:00 h.)

A agrupación local de CxG acordou por "ampla maioría" concorreren en solitario aos vindeiros comicios municipais de 2015.

Compromiso por Galicia non participará nin de "mareas" nin de novas coalicións electorais en Vigo, que cualificaron de "aventuras". Así o anunciou a agrupación local de CxG a través dun comunicado no que trasladan publicamente a súa decisión de concorrer "en solitario" ás eleccións municipais previstas para o maio próximo.

Un acordo que aseguran foi adoptado "por ampla maioría" da súa militancia e que, na súa opinión, visa a súa confianza "no proxecto propio de carácter galeguista e progresista". Unha proposta  política que defenden está afastada "do radicalismo e populismo das distintas agrupacións e manifestos", nunha clara alusión á Marea de Vigo e outras iniciativas semellantes, algunhas inda en fase de xestación.

CxG carga contra os promotores destas novas fórmulas tras as que aseguran están "políticos locais de toda a vida". Unha crítica que se produce só unhas semanas despois de que Compromiso anunciase a fichaxe de Miguel Barrros, histórico dirixente e exconcelleiro do PSOE, que abandonou as filas socialistas hai varios anos e que se vén de incorporar á executiva local de CxG.