06:13 h. viernes, 29 de marzo de 2024

MEMORIA HISTÓRICA

15-O: Unha concentración cidadá exixirá ao Concello a retirada da Cruz fascista do Castro

Redacción | @VigoDixital  |  02 de octubre de 2014 (15:18 h.)
Rolda de prensa dos colectivos convocantes

Forzas políticas, sindicatos e colectivos sociais convocan unha concentración diante do monumento para o próximo mércores 15 de outubro ás 20h. 


Tal e como adiantou VIGO dixital, nas próximas semanas terá lugar unha mobilización social para exixir a retirada da Cruz fascista do Castro. Esta mañá presentouse en rolda de prensa a convocatoria dunha concentración para o vindeiro día 15 de outubro, ás 20h diante do propio monumento, na ladeira do monte do Castro. 

A protesta está impulsada pola Asemblea Republicana de Vigo,  BNG, CIG, Esquerda Unida , CUT, ANOVA,  Federación Veciñal, Asociación de Amizade Galego- Cubana Francisco Villamil, A Esquerda, AGABO e  outras organizacións sociais da cidade.

Os colectivos convocantes respostan cun chamamento á mobilización na rúa a decisión do Goberno municipal socialista, co apoio do Partido Popular, de recorrer a sentenza xudicial que obriga ao Concello e derrubar o monumento de enxalzamento fascista. A CIG, CCOO e UGT xa expresaban esta mesma semana a súa oposición ao mantemento da cruz.

Fortes críticas ao Alcalde

O anuncio da mobilización prodúcese 24 horas despois de que o Concello presentase o recurso contra o fallo xudicial ditado polo xulgado número 2 de Vigo o pasado 4 de setembro. O recurso, de 17 folios, e presentado entregado esgotando o prazo máximo fixado polo tribunal, insiste en asegurar que o monumento, construído a proposta da Falange e inaugurado polo ditador Francisco Franco en 1961, é “só unha cruz”, como sostén reiteradamente Abel Caballero.  

O argumento do rexedor foi fortemento discutido polas organizacións que promoven o protesto do 15-O. Na rolda de prensa de hoxe expresaron a súa “enérxica protesta  pola inopinada e incoherente defensa que o alcalde socialista quere facer do símbolo máximo da ditadura na nosa cidade , ergueito, e non por casualidade,  fronte ao Concelllo , nun lugar de patente privilexio e publica ofensa”. Asemade, cualificaron a posición de Caballero de “negaocionismo do franquismo” enmarcándoa na “pretensión de que os crimes contra a humanidade se consoliden nun modelo de impunidade perfecta”