14:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Inician unha recollida de sinaturas para pedir ao Concello que acate a sentenza e tire a Cruz fascista do Castro

Redacción | @VigoDixital  |  15 de septiembre de 2014 (20:37 h.)

A campaña oponse ao recurso anunciando por Abel Caballero e agarda recoller como mínimo cinco mil apoios.


Cando se cumpren dez días de que se fixera pública a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que obriga ao Concello de Vigo a retirar a Cruz do Castro, por ser un símbolo de exaltación franquista, continúan as reaccións sociais perante o anuncio do Alcalde de presentar recurso contra o fallo xudicial negándose ao executar polo momento. 

No portal Change.org o vigués Javier Rodríguez Domeque vén de iniciar unha campaña para recoller sinaturas contra a decisión do Goberno socialista. A iniciativa persegue que o Goberno local en mans do PSOE acate a sentenza e non presente recurso.

“É un símbolo fascista, mandado construír por un ditador para vergoña e humillación de moitos vigueses” explica Rodríguez. A decisión de Abel Caballero de recorrer a sentenza “con diñeiro público” supón, en opinión do promotor da campaña, que o rexedor “esta xogando á democracia e, á vez, defendendo símbolos fascistas”.

A recollida de sinaturas agarda como mínimo recoller cinco mil apoios, nunha primeira fase. Para asinar tan só é preciso acceder ao sitio web da campaña.