00:14 h. Lúns, 21 de Agosto de 2017

Vigo Dixital

NOVA SEDE INSTITUCIONAL

A Universidade de Vigo retorna ao Casco Vello

A Universidade, a través dun acordo co Consorcio do Casco Vello, disporá dunha sede institucional na ribeira do Berbés. 

Redacción | @VigoDixital  |  23 de Septembro de 2014 (08:03 h.)
Máis accións:

Fachada do Berbés [Imaxe: Turgalicia]
Fachada do Berbés [Imaxe: Turgalicia]

A Universidade de Vigo disporá dunha sede na zona histórica da cidade. Nesa contorna estivo a primeira sede institucional da UVigo cando esta nacía hai hoxe 25 anos. A instalación estará situada nos número 11, 13 e 15 da ribeira do Berbés. 

O proxecto terá un custe de 3 millóns de euros. O Consorcio do Casco Vello de Vigo, do que fan parte Xunta e Concello, será quen se faga cargo da adquisición dos tres inmóbeis. A universidade financiará a rehabilitación dos edificios. As obras de rehabilitación necesarias demorarán uns tres anos, polo que a sede non será realidade até o curso 2017.

Ademais da sede institucional e os servizos administrativos, os edificios do Berbés, que contan con 1500 metros cadrados,  albergarán tamén o Centro de Linguas e serán un espazo para as actividades culturais da UVigo, así como exposicións, actos institucionais e actividades do programa para Maiores. 

O reitor, Salustiano Mato, recoñeceu que esta iniciativa "era unha aspiración que tiñamos desde hai tempo" e que esta permitirá "mergullar a Universidade na cidade, achegando aos cidadáns o que facemos". Mato definiu a función da nova sede universitaria como "unha porta aberta permanentemente na cidade".