00:32 h. martes, 19 de marzo de 2024

INFORME DE TRANSPARENCIA INTERNACIONAL

Vigo, a cidade galega máis transparente?

Redacción | @VigoDixital  |  30 de enero de 2015 (13:00 h.)

Un estudo realizado pola organización Transparencia Internacional otórgalle unha valoración de 95 sobre 100 puntos. A área máis ‘opaca’ é a relativa a contratacións de servizos e concesionarias.

Un estudo de Transparencia Internacional sitúa a Vigo como a urbe galega máis transparente. A nivel estatal, empata con outras seis cidades no posto 36, entre algo máis dun centenar de concellos, no ránking elaborado pola organización non gubernamental. A valoración obtida por Vigo é de 95 sobre 100 puntos, aínda que algunhas áreas mostran unha maior ‘opacidade’.

O Concello de Vigo destaca en transparencia económico-financiera, urbanismo e obras públicas, segundo o estudo. Tamén recibe boa puntuación pola información sobre a corporación e a relación coa cidadanía. Porén, a área menos transparente que sinala a organización refírese á contratación de servizos públicos e concesionarias.

A seguinte urbe galega na lista de Transparencia Internacional é A Coruña, no posto 73. Xa nos postos máis baixos, encóntranse Lugo, no 90, Ferrol, no 93, Santiago de Compostela, no 97 e Pontevedra no 104. 

A realidade menos transparente    

Un informe que contrasta co día a día que denuncia a oposición na cidade. En especial, despois de que o pasado febreiro se producirán as dilixencias da Operación Patos. Axentes da policía xudicial rexistraron durante horas os despachos do concelleiros de Distritos e secretario de organización do PSOE local, Ángel Rivas, imputado en outra causa, e do edil de Fomento, David Regades.

As investigacións xudiciais da Operación Patos apuntan a irregularidades nas contratacións de servizos públicos, o punto resaltado polo informe como máis negativo.

Precisamente as investigacións apuntan a irregularidades nas contratacións de servizos públicos, en concreto das empresas Eiriña e Cespa, actual concesionaria de parques e xardíns pese as sospeitas. Por esta razón, tamén se incautaron de documentación nas dependencias do xefe da área de contratación de obras, Álvaro Crespo.

Tanto PP como BNG esixiron en reiteradas ocasións maior transparencia no chamado caso formigón, que investiga se Rivas cometeu prevaricación e fixo negociacións prohibidas para un funcionario. O concelleiro era xerente dunha empresa, Hormigones Val Miñor, que suministrou o formigón ás construtoras das humanizacións financiadas polos fondos do Plan E.