22:06 h. Domingo, 22 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

VIII EDICIóN DO CICLO "CURTAS NA RúA"

As curtas de cinema fanse grandes na rúa

Esta sexta feira (venres) os e as amantes do celuloide daranse cita na parte traseira do MARCO co gallo da VIII edición do ciclo "Curtas na rúa"

Redacción | @VigoDixital  |  04 de Septembro de 2014 (21:24 h.)
Más acciones:

Tras o solpor, baixan as luces da rúa e rodara o celuloide na parte traseira do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Rúa Londres). Máis un ano o festival "Curtas na rúa" organizado pola asociación Comerciantes Zona Centro de Vigo achegará o cinema ao gran público, a pé de rúa. A VIII edición do festival quere ser un punto de encontro para todas as persoas amantes do cineme da nosa cidade e comarca.

Nesta edición o programa estaba inicilamente deseñado para dúas xornadas (sexta feira e sábado), mais circunstancias meteorolóxicas obrigaron a suspender a xornada do sábado. Todas as curtas serán proxectadas a sexta feira a partires das 21:00h.

“Curtas na rúa” é un festival gratuíto e ao aire libre, onde se proxectan curtametraxes tanto estatais coma internacionais de estilos moi dispares, dende ao drama, á comedia, á ficción ou a animación. Este ano serán proxectados os seguintes títulos: Estado de bienestar, El Casco de Júpiter, Star Wars: The holo experience, De noche y de pronto, Iris, Closet, Rabbit and Deer, Padre, The Gift, Cuerdas, El amor me queda grande, Push up, Tupper e Pipas