00:48 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O festival Son das Mámoas fixo vibrar Candeán con música, cultura e reivindicación

Redacción | @VigoDixital  |  15 de septiembre de 2014 (16:55 h.)

A cuarta edición do festival saldouse cun grande éxito en público. Crónica e galería de imaxes no interior.

Antes da inminente chegada do outono, a veciñanza de Candeán acolleu este venres a cuarta edición do festival Son das Mámoas. O evento encetaba xa pola tarde, cando puido disfrutarse de diferentes actividades culturais, desde grafitti, pasando por obradoiros, exposición e até una mostra de body painting. Tamén houbo tempo para realizar unha competición de breakdance, que fixo que a cativada vibrase coas acrobacias dos e das breakers e recibiu grande expectación entre o público. 

O grupo Nao pediu desde o escenario a retirada da Cruz do Castro

O decorrer do festival estivo marcado por un ambiente de festa e reivindicativo, que deu paso a unha sesión de micro aberto. Irie Reegae Vibes abriu una noite de concertos coa súa música reggae, seguidos dos Labregos do tempo dos sputniks, que prenderon lume coas súas letras combativas. Os veteráns do grupo O caimán do río Tea, coñecidos polo seu éxito 'Estou na lavadora', seguiron animando a sesión.

A noite foi collendo forza coa chegada de Nao, que aproveitaron a actuación para lle reclamar ao alcalde Abel Caballero que retire a Cruz fascista do Castro. The Skarnivals puxo a continuación o ritmo ska en Candeán, seguidos de Xenderal. O Dj Invasive puxo o ramo a esta cuarta edición do festival.

 

Galería fotográfica

[Imaxes cedidas pola organización e Aequistres]