00:14 h. Lúns, 21 de Agosto de 2017

Vigo Dixital

FOTOGRAFÍA

"Islas, náufragos invisibles", exposición
do fotoxornalista Miguel Núñez en Vigo

Na sala Apo'strophe da Praza Elíptica (Vigo), Miguel Núñez fai maxia con toda unha vida dedicada á fotografía e ao fotoxornalismo.

Ernesto Ilkermn  |  18 de Outubro de 2014 (18:57 h.)
Máis accións:

Miguel Núñez [Imaxe: Ernesto Ilkermn]
Miguel Núñez [Imaxe: Ernesto Ilkermn]

Presentado coas palabras de Goitisolo e Alfonso Sastre na voz de Julián Rodríguez, Miguel Núñez inaugurou a súa exposición con algunha chiscadela aos seus primeiros anos coa cámara, que focou para poñer rostro aos "invisibles", persoas que naufragaron nunha sociedade que os aílla e converte en illas.

Vigo non só son as Cíes. Tamén é o Asilo do Barrio do Cura (edificio abandonado, onde viven varios sen teito) e moitos outros lugares que ás veces ignoramos cando pasamos ao seu lado. Miguel móstranoslos, amosando non só a súa beleza exterior senón tamén o seu rostro humano interior.

Ademais pódese ver outro tipo de fotografía, co selo persoal de todo un cronista da cidade, que retratou como poucos o 15-M de Vigo e estivo ca súa cámara nas Marchas da Dignidade do 22-M en Madrid.  O autor traballou, entre outros medios, no Faro de Vigo e Galicia Confidencial.

Na inauguración da exposición, o pasado 10 de outubro, adicou unhas verbas reivindicando o labor do fotoxornalismo como unha vía de contar o que non sempre sae nos mass media. A exposición "Islas, náufragos invisibles" estará na sala até o 1 de novembro (de 18.00 a 21.00 h. de luns a sábado)."