00:13 h. Lúns, 21 de Agosto de 2017

Vigo Dixital

CULTURA VECIÑAL

Maxia e solidariedade dánse cita máis un ano en Sárdoma

A asociación veciñal organiza o II Festival solidario de maxia onde o prezo da entrada será un quilo de comida non perecedoira para familias en perigo de exclusión social.

Redacción | @VigoDixital  |  03 de Decembro de 2014 (17:24 h.)
Máis accións:

[Imaxe: tablemagician.com]
[Imaxe: tablemagician.com]

Co nadal ás portas os colectivos veciñais da cidade comezan a presentar as súas actividades culturais e lúdicas para estas datas especiais. No caso de Sárdoma, terá lugar a segunda edición do seu festival solidario de maxia. Tras o éxito do ano pasado a asociación veciñal, convídannos outro ano a pasar unha divertida tarde de maxia onde as protagonistas serán as crianzas. 

O evento celebrarase o próximo 14 de decembro ás cinco da tarde nas instalacións da Asociación Veciñal “O Carballo” de Sárdoma, na Estrada de Miraflores nº1. A entrada ao evento será a entrega de 1 quilo de comida non perecedoira que será destinada a persoas en perigo de exclusión social. Ademais, tras o Festival de Maxia as crianzas poderán desfrutar duns petiscos.