![[Imaxe: tablemagician.com]](/asset/thumbnail,768,432,center,center/media/vigodixital/images/2014/12/03/2014120317225587043.jpg)
A asociación veciñal organiza o II Festival solidario de maxia onde o prezo da entrada será un quilo de comida non perecedoira para familias en perigo de exclusión social.
Co nadal ás portas os colectivos veciñais da cidade comezan a presentar as súas actividades culturais e lúdicas para estas datas especiais. No caso de Sárdoma, terá lugar a segunda edición do seu festival solidario de maxia. Tras o éxito do ano pasado a asociación veciñal, convídannos outro ano a pasar unha divertida tarde de maxia onde as protagonistas serán as crianzas.
O evento celebrarase o próximo 14 de decembro ás cinco da tarde nas instalacións da Asociación Veciñal “O Carballo” de Sárdoma, na Estrada de Miraflores nº1. A entrada ao evento será a entrega de 1 quilo de comida non perecedoira que será destinada a persoas en perigo de exclusión social. Ademais, tras o Festival de Maxia as crianzas poderán desfrutar duns petiscos.