00:40 h. sábado, 20 de abril de 2024

CULTURA

Poesía 'circular' no Uf

Redacción | @VigoDixital  |  11 de octubre de 2014 (19:03 h.)
circupopetico (2)

Este sábado tras o solpor, ás 22h o colectivo Penúltimo Acto (acción poética) organiza unha nova edición do Círculo Poético Aberto. O recital terá lugar no histórico Café Uf, situado na rúa pracer nº19.  

O Circulo Poético Aberto é un espazo poético e multidisciplinar galego-portugués. Un evento alternativo aberto á participación de poetas, músicos e artistas.

Desta volta, o Círculo Poético Aberto acollerá a presentación do último libro de Nolim Gonzalez, o bardo do Morrazo. Con Almanaque "um fim-do-mundo qualquer”. Algúns escritores e poetas como Carlos Da Aira, Alexandre Insua, Iria Beltrán ou Reboiro xa teñen confirmada a súa asistencia.