
Este sábado tras o solpor, ás 22h o colectivo Penúltimo Acto (acción poética) organiza unha nova edición do Círculo Poético Aberto. O recital terá lugar no histórico Café Uf, situado na rúa pracer nº19.
O Circulo Poético Aberto é un espazo poético e multidisciplinar galego-portugués. Un evento alternativo aberto á participación de poetas, músicos e artistas.
Desta volta, o Círculo Poético Aberto acollerá a presentación do último libro de Nolim Gonzalez, o bardo do Morrazo. Con Almanaque "um fim-do-mundo qualquer”. Algúns escritores e poetas como Carlos Da Aira, Alexandre Insua, Iria Beltrán ou Reboiro xa teñen confirmada a súa asistencia.