21:57 h. Domingo, 22 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

REFORMA DO ESTADIO

Caballero e Louzán pactan o financiamento do novo Balaídos coas eleccións municipais como pano de fondo

Concello e Deputación asumirán a medias os custos. O BNG demanda actuacións na contorna e nas pistas de atletismo.

Marco Oubiña | @MarcoOubina  |  16 de Septembro de 2014 (08:00 h.)
Más acciones:

Proxecto do novo Balaídos [Imaxe: Noticiascelta.com]
Proxecto do novo Balaídos [Imaxe: Noticiascelta.com]

Un novo acordo entre PSOE e PP. Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra reuníronse esta segunda feira para abordar o financiamento da reforma integral do estadio municipal de Balaídos, que comezará nas próximas semanas. Ambas as dúas partes comprometéronse a encetar conversas con Zona Franca e Xunta de Galiza para demandarlles axuda financeira ao proxecto, que rondará os 30 millóns de euros de custo total e terá un prazo de execución de dous anos e medio.

A proximidade dos vindeiros comicios municipais, previstos para maio de 2015, tería sido un factor chave á hora de permitir un acordo até agora impensábel dada a dinámica de confronto institucional que enfronta a Concello e Deputación.

A reforma rondará os 30 millóns de euros de custo total e terá un prazo de execución de dous anos e medio. 

Segundo o portal deportivo dixital NoticiasCelta.com a partida presupostaría rondaría os 30 millóns de euros. Os gastos distribuíranse desta maneira: Tribuna: 6,7 Millóns de euros será remodelada integramente polo Celta de Vigo tal e como estaba previsto. Esta remodelación absorberá a bancada de Preferencia e achegará a bancada ao terreo de xogo. Marcador: 9,3 M será remodelada pola Deputación coa posibilidade de mudar o seu nome a Grada Deputación. O Concello asumiría a reforma da grada de Gol cun presuposto tamén de 9,3 M. Por ultimo a bancada de Río terá un custe de 4 millóns e as dúas institucións asumirán o custo a partes iguais. A remodelación desta bancada está enmarcada na primeira fase da reforma, proxectada para o verán do 2015.

Investir tamén na contorna e nas pistas de atletismo

Desde a oposición, o BNG tamén considera necesaria a reforma do Estadio Municipal, mais salientan que a remodelación de Balaídos, da que ten que resultar un estadio funcional e seguro, debe ter en conta tamén melloras no barrio no que está situado. Neste sentido defenden que a actuación que se leve a cabo “debe permitir desfrutar do entorno á veciñanza e solucionar o problema do aparcamento”. Ademais os nacionalistas  demandan investimento para remodelar as instalacións de atletismo situadas a carón do estadio. 

O concelleiro Xabier Alonso denunciou que estas sofren un deterioro “igual ao do estadio” e considera que nelas debe actuar a Xunta dando cumprimento aos compromisos adquiridos no pasado que nunca se chegaron a facer realidade. Compre recordar que no 2013 o atléta olímpicode décatlon David Gómez denunciou publicamente as deficiencias estruturais e de materiais destas instalacións.