00:04 h. viernes, 19 de abril de 2024

PRIMEIRA DERROTA CELESTE

Celta 1 - 3 Villareal: Demasiado castigo para un gran Celta

Marco Oubiña | @MarcoOubina  |  06 de octubre de 2014 (02:36 h.)
CeltaDeVigo

O Celta tropeza na súa casa por falta de precisión e desperta do soño a moitas e moitos seareiros celestes. 

Chegaba a Balaídos un encontro que marcaría a diferenza nas expectativas dos equipos nestas primeiras xornadas de liga. Villareal e Celta viñan demostrando un gran xogo e ambos son candidatos a xogar competicións europeas a vindeira tempada. Coñecedores desta circunstancia, ambos os dous equipos saltaron ao terreo de xogo con moito respecto cara ao rival, máis preocupados de afastaren o balón das súas áreas que de crear xogo. 

Ambos os dous equipos saltaron ao terreo de xogo con moito respecto cara ao rival

As bancadas ruxían e o equipo local asumiu a responsabilidade de xogar como local. Os de Berizzo  comezaron dominando o esférico cada vez máis tempo e premían máis arriba. As principais xogadas de perigo nestes primeiros minutos chegaron pola banda dereita, onde a inexperiencia na categoría de Adrián Marín foi aproveitada por Fabián Orellana, que repetía unha e outra vez sen éxito centros dende o interior da área cara a Nolito.

Máis éxito tivo o Villareal cando se foi cara a arriba. O marcador sinalaba os 30 minutos de xogo cando  Cheryshev marchou pola dereita da área e sacou un centro cara a atrás, onde Moi Gómez chegou sen oposición e bateu sen moita dificultade a Sergio Álvarez. O equipo local apenas sacara do centro cando recibiu o segundo tanto encontra.  Giovani recuperou un balón no centro do campo e deixoullo a Moi Gómez, que correndo sen que ninguén lle saíse ao paso se plantou en posición de perigo para anotar o segundo tanto dos visitantes, sendo imposíbel para o meta local blocar o balón. 

A falta de 15 minutos para o descanso o submarino amarelo demostrou que a efectividade é máis importante que o dominio, a posesión que a beleza dun xogo ofensivo preciso.  O obxectivo dos visitantes era claro para o que restaba de xogo, manteren a portería a cero. Obxectivo que foi imposíbel de cumprir cando restaban apenas segundos para chegar ao final do tempo regulamentario Larrivey conseguiría acurtar distancias. Un erro de Víctor Ruiz no control do esférico nunha zona quente e un acertado Nolito foi quen de roubáballe o coiro. Marchando en velocidade xunto a Larrivey, deixaba o arxentino antes de chegar ao un contra un con Asenjo para establecer o 1-2 na bancada e despertar o soño da remontada nas bancadas. 

O Celta puxo a garra durante todo o encontro para non deixar escapar os puntos do fortín celeste

O Celta encetaba a segunda metade cunha dinámica similar ao final da primeira metade, dominación no xogo e minuto a minuto presión máis arriba. Desgraciadamente a formula non resultaba para o Toto Berizzo e o equipo envorcou á desesperada, desprotexendo a súa portería. Feito que non pasou desapercibido para o equipo visitante que, cando o encontro estaba nos últimos minutos, aproveitou para lanzar contragolpes sen atopar oposición algunha.  Nun primeiro contagolpe conseguiron deixar ao Celta cun home menos cando Fontás derrubou a Uche en plena contra e viu a súa segunda amoestación unha xogada de gran polémica, despois xa no tempo de desconto, os visitantes encaixaron o seu terceiro e definitivo tanto. Desta volta foi Mario o encargado de culminar a chegada en velocidade que poñería o definitivo 1-3.

O Celta puxo a garra durante todo o encontro para non deixar escapar os puntos do fortín celeste e ter opcións incluso de rematar a xornada en postos de Champions Leage, pero a súa falta de precisión, sumada a un gran Sergio Asenjo e un polémico arbitraxe obrigan ao Celta de Berizzo a sufrir a súa primeira derrota nesta tempada.  

 
Ficha técnica


R.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.67), Radoja (Madinda, min.74), Álex López (Charles, min.83), Krohn-Dehli, Orellana, Nolito e Larrive

Villarreal: Asenjo, Mario, Gabriel, Víctor Ruíz, A. Marín, Trigueros, Bruno, Moi Gómez (Cani, min.72), Cherysev (J. Dos Santos, min.65), Giovanni (Vietto, min.67) e Uche

Goles: 0-1, min.32: Moi Gómez; 0-2, min.33: Moi Gómez; 1-2, min.43: Larrivey; 1-3, min.89: Mario

Colexiado: Álvarez Izquierdo. Do comité catalán. Expulsou con doble carton amarelo a Fontàs (min.85) e amonestou a Jonny, Kronh-Dehli, Orellana, A. Marín, Gabriel e Cani.

Campo: Balaídos, 22.323 espectadores. Nos minutos previos ao comezo do encontro se gardou un minuto de silencio na memoria de Marcelino García, pai do adestrador do Villareal, recentemente finado.