17:17 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Vigo Dixital

CRÓNICA DO PARTIDO

Sabor agredoce en Balaídos: Celta 2 – Real Sociedade 2

Un Celta sen fortuna deixa escapar tres puntos na casa cun gol en propia porta nos últimos minutos do encontro.


Marco Oubiña | @MarcoOubina  |  14 de Septiembre de 2014 (14:41 h.)
Más acciones:

[Imaxe: LFP]
[Imaxe: LFP]

O encontro encetou cun tenteo do esférico e loita por parte de ambos equipos, máis foi a Real Sociedade quen tivo a primeira oportunidade do partido.  Corría o minuto 11 cando Xabi Prieto tras un pase de Granero non foi quen de bater no man a man a Sergio Álvarez. Os minutos avanzaban e as mellores ocasións eran para o equipo donostiarra, pero no minuto 22 o Celta tivo varias oportunidades de adiantarse. Carles Planas centra o esférico ao punto de pena máxima pero Alex López non acada enganchar o esférico para introducilo no fondo da rede. Non sería até o minuto 28, cando o Celta abriría o marcador. Desde a banda esquerda Krohn-Dehli colocou o esférico ao segundo pau, onde Orellana bateu con facilidade a Zubikarai.

O Celta foi na primeira metade de menos a máis para rematar despregando un bo xogo e anulando por completo a táctica do equipo vasco. Tras o reinicio, o Celta volvía dar un golpe na mesa. Xogada calcada á do primeiro gol pero na banda oposta.  Desta volta, o centro foi raso e o puxo Jonny para que Larrivey rematara ao pau, no rexeite o arxentino atopouse co esférico e rematou de forma pouco ortodoxa para introducir o balón no fondo das mallas. 

O encontro estaba canalizado para o Celta, este dominaba e púxose a tocar para non poñer o resultado en perigo. Jagoba Arrasate tratou de cambiar o rumbo do seu equipo, adiantando liñas e dando entrada ao Chory Castro e Agirretxe arriba. Estes dous trocos, deron ao equipo donostiarra máis chispa no ataque e serian chave para acadar o resultado final. 

A Real recortaría distancias no minuto 24 tras un rexeito de balón de Sergio que aproveito Agirretxe para recortar distancias. O Celta se pechou no seu campo e o empate chegaría nos minutos de desconto tras un pase de Granero que o canteiran Jonny introduciría na súa propia portería. Tras este mazado, o equipo donostiarra tivo unha grandiosa oportunidade nas botas do  Chory Castro que obrigou a Sergio Álvarez a realizar unha espectacular parada, para evitar a derrota. 

Tras o asubío final, o resultado deixou mellor sabor de boca ao equipo visitante que ao Celta que loitou por converter Balaídos no seu fortín.

 

Ficha técnica


  • R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral (Sergi Gómez, min.74), Fontás, Planas, Radoja, Krohn-Dehli, Álex López (Pablo Hernández, min.65), Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, min.82)
  • R.Sociedade: Zubikarai, Elustondo, Bergara (Gaztañaga, min.77), Martínez, Granero, Prieto, Vela (Chory Castro, min.58), Pardo (Agirretxe, min.58), Canales, Zaldúa e De La Bella
  • Goles: 1-0, min.27: Orellana; 2-0, min.47: Larrivey; 2-1, min.69: Agirretxe; 2-2, min.91: Jonny (p.p.)
  • Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amoestou a Nolito, Canales, Zaldúa, Bergara, Agirretxe
  • Campo: Balaídos, 19.385 espectadores. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio na memoria dos ex xogadores celestes, Fernando Zunzunegui Rodríguez (Tempadas 1962-1965) e Fernando Barboza Rilo (Tempadas 1986/1987) e polo abonado histórico do club Antonio Vázquez Rodríguez, recentemente finados.