17:17 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Vigo Dixital

ACCIÓN SIMBÓLICA NO ESTADIO DE BALAÍDOS

Siareiros do Celta exíxenlle a Caballero que cumpra a lei e retire a Cruz fascista do Castro

A peña celtista "Colectivo Nós" despregou no minuto 36 do primeiro tempo do encontro entre Celta e Real Sociedade unha grande faixa co lema "Abel cumpre coa lei".

Redacción | @VigoDixital  |  13 de Septiembre de 2014 (23:35 h.)
Más acciones:

Faixa despregada no estadio de Balaídos [Imaxes: Colectivo Nós]
Faixa despregada no estadio de Balaídos [Imaxes: Colectivo Nós]

O minuto 36 do primeiro tempo --en alusión ao inicio da guerra civil que provocou o golpe militar fascista-- do encontro entre o Celta de Vigo e a Real Sociedade, foi o momento escollido pola peña celtista "Colectivo Nós" para despregar unha grande faixa na grada de Marcador do estadio de Balaídos co lema "Abel cumpre coa lei" franqueada por dúas cruces. 

Esta acción simbólica por parte dos siareiros celestes é máis unha chamada de atención ao rexedor, logo de que anunciase a súa decisión de recorrer a sentenza que condena ao Concello de Vigo, ao abeiro da Lei de Memoria Histórica, a retirar a chamada Cruz do Castro por representar un símbolo de exaltación do franquismo. 

En canto se coñeceu a sentenza o BNG reclamou ao Goberno municipal que acatase o fallo e que retirando o monumento "canto antes". EU, CxG ou NEG tamén se posicioaron contra o recurso municipal. Colectivos como a FAVEC, os sindicatos CIG e  CCOO, os Comités Abertos, o Sindicato de Estudantes e a PAH expresaron a VIGO dixital o seu malestar coa decisión do Goberno socialista. Unha posición que tamén fixo ferver as redes sociais con mensaxes moi críticas cara ao Alcalde.