00:40 h. sábado, 20 de abril de 2024

FICHA A MPHO MBIY E ANDREW PARATA

O Vigo Rugby encara o seu primeiro encontro da tempada

Marco Oubiña | @MarcoOubina  |  09 de septiembre de 2014 (11:38 h.)
Vigo Rugby

Afronta a súa cuarta tempada na División de Honra con importantes reforzos e cun bloque consolidado, todo para acadar o obxectivo da permanencia  

O Blusens Universidade de Vigo de Alberto Mera, ultima as incorporacións para pechar o equipo a menos de sete días do inicio da tempada ante o Gernika. As dúas incorporacións derradeirasfichaxes son o surafricano Mpho Mbiy e Andrew Parata, procedente de Nueva Zelanda.  Ambas fichaxes se incorporaran esta semana aos adestramentos nas instalacións universitarias do CUVI.

Mpho Mbiy, chegou a Vigo este luns e goza dunha excelente traxectoria profesional.  Este flanker de 31 anos de idade, posee unha ampla traxectoria no rugby internacional, xa que xogou para a franquía surafricana do Super Rugby, os Eastern Province Kings, dende a súa creación en 2009, e cos que apoiou o primeiro ensaio da historia do equipo, e nada menos que ante os British and Irish Lions, no seu tour do 2009. Participou tamén coa selección rugby a sete de Suráfrica cos que obtivo o título de campión do circuíto mundial. A súa traxectoria e talento deportivo colócao en lanzadeira para ser un dos mellores xogadores da División de Honra estatal. 

Alberto Mera, adestrador do Vigo Rugby, podería situar ao surafricano esta fin de semana no primeiro desprazamento a Euskal Herria en múltiples posicións. A súa posición natural é a terceira liña pero dada a súa envergadura de 1.83m e 101 quilogramos podería ocupar a liña de tres cuartos. Tamén existe a posibilidade que Mpho Mbiy ocupe a posición de oitavo, tras a saída do veterano Alejandro Blanco a pasada tempada. 

Por outra parte o neozelandés Andrew Parata, procede do Otago da ITM da Cup neozelandesa. Coa súa envergadura física proverá solucións no posto de centro e utility back na liña de tres cuartos. Andrew conta cunha importante traxectoria na selección universitaria de Nova Zelanda e con importantes logros persoais como MVP universitario e mellor deportista maorí. O xogador chegará a Vigo a finais de semana.