![[Imaxe: Vigo Rugby]](/asset/thumbnail,768,432,center,center/media/vigodixital/images/2014/09/14/2014091421395619945.jpg)
Alberto Mera sorprendeu cun XV moi xove, demostrando coraxe e actitude no primeiro encontro da tempada na División de Honra.
O Blusens Universidade de Vigo tráese un importante dobre bonus de Euskal Herria, tras caer por 38 a 31 ante o Gernika RT, nun campo, onde en tempadas anteriores o equipo olívico caía sempre con contundencia. Tras a finalización do encontro o equipo técnico mostraba a súa satisfacción pola intensidade demostrada, un cambio de actitude radical respecto á pasada tempada. Ademais o equipo da Universidade estivo preto de levarse o partido ao ir gañando no minuto 70 por 30 a 31.
Tras o ensaio inicial todo indicaba un resultado avultado e un encontro doado para o equipo basurde, pero tan só foi un mal inicio que se viu contrarrestado inmediatamente polo equipo vigués que deu volta o marcador no minuto 11 co primeiro ensaio da xornada de Maka Tatafu, que anotaría dous máis no partido, e a transformación de Borja Vera e a marca de Rucho Rodríguez, un dos xogadores destacados do partido. O primeiro tempo remataría cun axustado 18 a 17, outorgaba esperanzas e boas vibracións para a segunda metade grazas a consistente dianteira do Vigo Rugby e a firmeza na melé e na touche.
A segunda metade comezaba con desvantaxe para o Blusens Universidade con 14 xogadores polo sen bin de Parga, permitindo ao Gernika distanciarse no marcador con 2 ensaios a través dos irmáns Olaeta. Malia a vantaxe acadada polo equipo basurde, o XV vigués non baixou os brazos e mostrou ese cambio de actitude que buscaba o corpo técnico dando volta o marcador cos ensaios de Tatafu e Parga para se poñeren por diante no marcador por 30 a 31 cando restaban 10 minutos para o final.
Nestes minutos finais, a afección local converteu Urbieta nunha pota a presión, axudando ao seu equipo a non deixar escapar o partido. Sería tras un ensaio e un golpe de castigo nos últimos minutos, para deixar o resultado de 38 a 31, que lle permite sumar 5 puntos na táboa de posicións e ao Blusens Universidade traerse 2 puntos bonus de ouro.
A vindeira semana incorporarase Parata, xa en Vigo, e posiblemente algúns dos xogadores tocados que viaxaron co equipo a Gernika. O próximo partido do Vigo Rugby será nas Lagoas Marcosende ante o último campión, o Queixos Entrepinares, o sábado ás 17.00 h.
Ficha técnica
- Gernika RT: Nicolás Martínez, Jon Bilbao, Iñigo Urrutia, Iñaki Ortiz, Eneko Insunza, Jon Magunazelaya, Mattew Poulas, Sala Mua, Patricio Long, Iker Olaeta, Abdela Essameb, Koldo Barandiaran, Magin Souville, Iñigo Olaeta e Federico Castiglioni. Tamén xogaron: Ibai Amilategui, Oscar Astarloa e Asier Latorre. Suplentes: Jon Ordonika, Jon Urkijo e Ibon Agirre.
- Blusens Universidade de Vigo: Marcos Muñiz, Vicente Prieto (C), Maka Tatafu, Rubén Rodríguez, Mariano Berlande, Adrian Fernández, Javier Abadía, Mpho Mbiyoso, Borja Vera Garcia-Portillo, Javier A. Parga, Brais Sánchez, Mauro González, Carlos de Cabo, Luis Losada e David Riveiro. Tamén xogaron: Pedro González e Alvaro Caride. Suplentes: Juan M. Rodríguez, Victor Salgado, Jorge Barbudo e Paul González.
Tanteador:
Min 5 ensaio de Iñigo Urrutia, 5 a 0
Min 11 ensaio de Maka Tatafu trasnformado por Borja Vera, 5 a 7
Min 15 golpe de castigo pasado por Iñigo Olaeta, 8 a 7
Min 24 ensaio de Rubén Rodríguez, 8 a 12
Min 28 ensaio de Essameb, 13 a 12
Min 31 ensaio de Insunza, 18 a 12
Min 39 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 18 a 17
Descanso
Min 45 ensaio de Iñigo Olaeta, 23 a 17
Min 54 ensaio de Iker Olaeta, transformado por Castiglioni, 30 a 17
Min 62 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 30 a 24
Min 63 ensaio de Javier Parga, transformado por Borja Vera, 30 a 31
Min 76 ensaio de Barandiaran 33 a 31
Min 78 golpe de castigo de Castiglioni, 38 a 31
- Incidencias: O colexiado David Castro mostrou amarelas a Javier Parga por parte do Blusens Universidade de Vigo, no minuto 40, e a Ortiz, no minuto 34, e Mua no 57 por parte de Gernika.