08:41 h. jueves, 28 de marzo de 2024

DISCAPACIDADE

3.500 persoas unen as súas mans en
Vigo contra a privatización da atención
á discapacidade

Redacción | @VigoDixital  |  22 de octubre de 2014 (10:00 h.)

O protesto promovido por Fademga e Agasfra logra o seu obxectivo, ao unir Coia e a Praza do Concello para exixiren o mantemento do centro San Francisco. [Galería no interior]

Agasfra e Fademga logran unir Coia e a céntrica Praza do Concello cunha cadea humana. Máis de 3.500 persoas participaron deste novo protesto en rexeitamento da privatización da atención á discapacidade e en defensa do mantemento da actividade do histórico centro San Francisco.

O acto contou co apoio de numerosas organizacións sindicais, sociais e políticas, entre elas o BNG, AGE e PSOE. O Goberno municipal expresou o seu apoio á demanda de familias, persoas usuarias e cadro de persoal do San Francisco. Varios edís e o propio Alcalde participaron na concentración final realizada ás portas do Concello.

O éxito da convocatoria engade maior presión social á Xunta de Galiza, responsábel do concurso que por vinte anos lle adxudica a unha empresa privada de Mos as 73 prazas que até agora xestionaba o Centro San Francisco, do que é titular unha asociación sen ánimo de lucro. 

 

Galería de imaxes

[Imaxes: Ernesto Ilkermn]