23:43 h. jueves, 18 de abril de 2024

INCLUSIÓN SOCIAL

Caballero e Abelairas, declarados persoas non gratas polo peche de Sereos

Redacción | @VigoDixital  |  06 de noviembre de 2014 (16:20 h.)

Despois de 15 meses desde que se pechara na rúa Elduayen e se trasladara o servizo a unha furgoneta, a única novidade é que agora se realizará nun autobús, o que descarta que recuperen de momento un local. [Vídeo do acto no interior]

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, foron declarados persoas non gratas polo Colectivo Imán. Como cada primeiro xoves de cada mes, concentráronse nas portas do Concello para protestra pola expulsión do servizo do local sito na rúa Elduayen.

Pasaron 15 meses dende que o Goberno municipal pechou unilateralmente o local e decidiu que o servizo se trasladaba a unha furgoneta, nunha beirarrúa en Jacinto Benavente. A única novidade, logo de numerosas promesas de encontrar un local alternativo, é que agora se fará nun autobús, no mesmo lugar onde estaba até este momento.

Desta forma, o Concello acala as principais protestas das persoas usuarias, obrigados a estar á intemperie para acceder ao programa para persoas drogodependetes e en exclusión social. Malia o cambio, o Imán esixiu de novo unha solución digna ante as negativas do departamento de Abelairas.

[Vídeo: Roberto Solano]