00:32 h. martes, 19 de marzo de 2024

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

O clamor polo mantemento do 'San Francisco' faise ouvir ás portas da sede do PP de Vigo

Redacción | @VigoDixital  |  08 de octubre de 2014 (10:00 h.)
Concentración San Francisco [€

A asociación sen ánimo de lucro que xestiona o centro de atención a persoas con discapacidade intelectual xa recolleu case 50.000 sinaturas de apoio. [Vídeo no interior]

Logo da exitosa mobilización do pasada semana, centos de familiares das persoas usuarias e traballadores e traballadores do centro San Francisco levaron a súa exixencia de que se manteña a súa actividade até as portas da sede local do Partido Popular, na rúa do Areal.

Alí reiteraron o seu reclamo de que a Xunta manteña o convenio económico coa asociación sen ánimo de lucro que xestiona o centro de atención a persoas con discapacidade intelectual, para evitaren así o desprazamento de 73 persoas usuarias a un centro privado a Mos e a destrución de postos de traballo, logo da adxudicación do servizo por vinte anos a unha empresa privada.

A súa reivindicación tense feito xa un clamor social, e para alén de contaren co apoio dos tres sindicatos e de forzas políticas como o BNG, a asociación xa recolleu preto de cincuenta mil sinaturas de apoio.

Vídeo

[Vídeo: Roberto Solano]