00:02 h. jueves, 25 de abril de 2024

O Concello aproveita a madrugada para avanzar as obras da rotonda de Coia

Redacción | @VigoDixital  |  09 de diciembre de 2014 (12:26 h.)
Traballos na rotonda de Coia durante a noite (Foto: Roberto Solano)

A oposición veciñal freou o terceiro intento de instalar o Bernardo Alfageme, media hora despois de que comezaran os traballos, e esta mañá os operarios non apareceron. [Vídeo no interior]

Con nocturnidade e aleivosía. Esa era a frase máis repetida entre a veciñanza que se reuniu as 7h na rotonda da rúa Castelao, onde o Concello de Vigo quere instalar o Bernardo Alfageme. Hora antes, o Concello ordeara reanudar as obras, aproveitando a noite, para evitar a oposición veciñal. Mais aos poucos minutos de comezar, ao redor da medianoite, unha vintena de veciños e veciñas volveron a paralizar os traballos, que debían ter comezado hai seis días. 

Testemuñas aseguran que os opearios conseguiron durante media hora sacar tres camións con terra. 

Testemuñas aseguran que os opearios conseguiron durante esa media hora sacar tres camións con terra. As sinais do paso da maquinaria eran evidentes esta mañá na rotonda, onde unha centena de persoas se volveu a concentrar contra o proxecto.

Porén, os operarios non apareceron e entre os opositores crece a sensación de que o alcalde Abel Caballero xoga ao desgaste. Dende a CIG apuntan ademais a que os operarios non poden traballar de noite polo convenio provincial, e estuda medidas. 

Algúns sospeitan que Caballero tentara outra vez resgardarse na noite para avanzar os traballos. A outra opción para reanudar as obras, prevista para hoxe, sería a intervención policial que xa valorou o xoves, cando equipos antidisturbios se achegaron á protesta.

Manifestación o venres 12

Por iso, a veciñanza de Coia organiza xa quendas para vixiar a posíbel reanudación das obras. Tamén preparan unha manifestación para este venres 12, que sairá as 19h dende Praza América cara a rotonda, e un reparto de folletos para informar as persoas do barrio. Na protesta sumaron de novo forzas o BNG, coa presenza do recén elixido candidato, Serafín Otero, Anova, Equo, EU, Podemos e Piratas de Galicia.

[Vídeo: Roberto Solano]