00:18 h. jueves, 28 de marzo de 2024

POR MOTIVOS RELIXIOSOS

Denuncian que unha farmacia négase a dispensar anticonceptivos

Redacción | @VigoDixital  |  07 de septiembre de 2014 (10:00 h.)

O estabelecemento, sito na Praza de Eugenio Fadrique, non vendeu un anel vaxinal ao lle exixir a clienta "un papel do médico". A farmacia xa foi acusada de non comercializar preservativos anos atrás.

Unha farmacia radicada na Praza de  Eugenio Fadrique négase a dispensar anticipcetivos. Así o denuncia o blogue As MIR e unha noite, do que é autor un licenciado en medicina.

Toma como exemplo a experiencia vivida pola nai do propio blogueiro, quen ao acudir a mercar un anel vaxinal á farmacia Cidcanda, topouse coa negativa a llo dispensar alegando que precisaba "un papel do médico". Este método anticonceptivo non está subvencionado pola Seguranza Social nin precisa de receita médica.

A causa da negativa do estabelecemento estaría na adscrición ideolóxica ultraconservadora da súa propietaria. "O que é certo é que esta farmacia sempre tivo o rumor de que eran do Opus, que non vendían preservativos e sempre tiñan problemas cos anticonceptivos" explican no blogue denunciante.De feito non é a primeira vez que se denuncia publicamente esta situación. En 2006 e 2010, o diario 20 minutos e o blogue de Ana Bande, referenciaban feitos moi semelllantes. En ambos os dous casos testemuñan a negativa a lles vender preservativos na mesma farmacia.

[Imaxe: Neo2.es]