10:34 h. sábado, 20 de abril de 2024

SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA

"Non son prorrusos, son antifascistas!"

Redacción | @VigoDixital  |  20 de septiembre de 2014 (10:01 h.)

Arredor dun cento de persoas participaron na concentración de solidariedade coa "Ucraína antifascista" convocada na nosa cidade por "Mar de Lumes" e apoiada por numerosas organizacións políticas e sociais. Vídeo e galería fotográfica no interior.

O acto realizouse esta sexta feira, venres, ás 20:30h diante do MARCO, e nel ouvíronse consignas contra o goberno golpista de Kiev. "Non son prorrusos, son antifascistas", "Non pasarán", "Unión Europea, unión imperialista", foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas que se concentraron nas escaleiras do museo.

Numerosas organizacións políticas e sociais apoiaron a convocatoria

Ao remate do acto deuse lectura a un breve manifesto no que se facía un apelo directo á "clase traballadora galega" a se solidarizar coa loita antifascista, en alusión ás milicias populares que combaten no Donbass contra o exército ucraíno.

A concentración contou co apoio de A Esquerda, Anova, BNG, CIG, Colectivo Nacionalista de Marín, Comités, Comunistas da Galiza-PCPE, FPG, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, MGS, Nós-UP, PCG, PCPG,  Partido Humanista e Xeira.

Vídeo

A concentración en imaxes

[Imaxes: GZ foto]