01:52 h. Lúns, 23 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

EMERXENCIA SOCIAL

A 'Acampada da Dignidade' trasládase ao pé da Cruz do Castro

RSP e CGT tomaron a decisión ante o despregue policial e de bombeiros na praza do Rei para evitar que se instalaran fronte ao Concello. 

Redacción | @VigoDixital  |  13 de Outubro de 2014 (12:48 h.)
Más acciones:

Activistas montan a acampada na Cruz do Castro
Activistas montan a acampada na Cruz do Castro

Mentres a atención se centraba na praza do Rei, onde un pequeno grupo se concentraba unha vez máis pola caótica xestión dos servizos sociais do Concello, outros membros do colectivo comezaban a montar unha nova acampada da dignidade na Cruz do Castro.

Ninguén agardaba que o lugar escollido sería o símbolo fascista, envolto nunha agre polémica nas últimas semanas.  A decisión tomouse ante o despregue policial e de bombeiros, que estaban preparados para evitar unha acampada fronte ao Concello.  

O desaloxo violento da primeira acampada, que foi retirada por decenas de axentes antidisturbios, de madrugada e sen aviso previo, non freou aos membros da Rede de Solidariedade Popular (RSP) e do sindicato CGT, que volveron a levantar as tendas xunto ao pé da cruz. Membros da plataforma Xuntos tamén participaron da acción.

Os acampados e acampadas non temen unha nova intervención das forzas de seguridade, que os sacaron a rastro das tendas no primeiro campamento. “Imos a resistir porque non nos queda outra, até que non se solucionen os graves casos das familias presentes e de moitas na cidade, non pensamos parar”, asegura un integrante.

Os colectivos preparan ademais unha nova concentración para este sábado 18 diante da Delegación da Xunta en Vigo. O colapso das axudas de emerxencia social e o retraso dun mes na resolución do cheque social, que comezou a pagarse esta segunda feira, volverán a ser o centro das reivindicacións.