00:04 h. viernes, 19 de abril de 2024

EMERXENCIA SOCIAL

O persoal dos servizos sociais do Concello maniféstase ante o colapso do sistema

Redacción | @VigoDixital  |  15 de diciembre de 2014 (15:00 h.)
Persoal dos servizos sociais de Vigo protestan polo colapso do sistema

Aseguran que levan meses pedindo ao Concello que reforze o persoal, incapaz de atender os milleiros de solicitudes de persoas sen recursos. O alcalde e a concelleira Isaura Abelairas néganse a receber ao colectivo.

O continuo colapso dos servizos sociais do Concello de Vigo é unha denuncia que se repite dende comezos de ano. Pero esta vez non foron as persoas usuarias, senón o PROPIO persoal municipal quen saiu á rúa para demandar unha solución. Fartas e cansas de que o goberno municipal ignore as súas demandas, aseguran, decidiron mostrar públicamente a situación crítica do departamento. 

Máis de medio centenar de persoas, a maioría traballadores e traballadoras do Concello, concentráronse xunto a árbore de nadal, na Porta do Sol, que rodearon de forma simbólica, ao berro de “a xustiza non se esconde, combátese con xustiza”. Unha imaxe que constrasta coa de centos de familias sen recursos da cidade que soportan atrasos de varios meses para unha axuda que lles permita cubrir, polo menos, as súas necesidades máis básicas.

"A maioría traballa máis horas das que lle corresponden para poder sacar adiante a enorme carga de traballo que soportan, e inda así non é suficiente”, apuntan.

“Levamos tempo reclamando. Mandamos escritos ao goberno municipal, pedimos unha entrevista co alcalde, pero non recibimos resposta. Só se reuniu con nós o xefe de persoal, que nos dixo que non era posíbel”, asegura Victoria Quivén, traballadora administrativa de Benestar Social e voceira da protesta. 

Cada traballadora social do Concello atende hoxe ao dobre de poboación que fixan os ratios. Por iso levan tempo pedindo reforzos, que non chegan. Unha situación que está a provocar numerosos casos de estrés e baixas laborais entre os funcionarios. “A maioría traballa máis horas das que lle corresponden para poder sacar adiante a enorme carga de traballo que soportan, e inda así non é suficiente”.

Medra a violencia ante os atrasos

As principais axudas sociais, municipais e autonómicas, rexistran meses de retrasos. “Cada día témonos que enfrontar a situacións dramáticas, persoas que non teñen nada e necesitan a axuda canto antes. É normal que medre a violencia entre as persoas usuarias, e somos nós quen temos que dar a cara”.    

Recordan que o Concello si pode contratar a máis persoal, malia as razóns esgrimidas pola concelleira do ramo, Isaura Abelairas, que se escuda nas limitacións que lle impón o goberno central.

Recordan que o Concello si pode contratar a máis persoal, malia as razóns esgrimidas pola concelleira responsábel, a socialista Isaura Abelairas, que se escuda nas limitacións que lle impón o goberno central. O persoal dos servizos sociais sinala que a lei contempla para departamentos tan urxentes que se poda aumentar o número de traballadoras, como se fai noutras concellarías do consistorio.

Os colectivos sociais levan meses denunciando que o recorte das axudas e o endurecemento das bases deixou a centos de persoas fóra das axudas. E inda así, o colapso dos servizos sociais se mantivo durante todo o ano. Tamén nas axudas da Xunta, como a Risga, que rexistra atrasos de até 8 meses. “Non é só responsabilidade nosa, a Xunta ten que deixar de poñer cada vez máis trabas para acceder as axudas”, apunta Victoria Quivén.