00:40 h. martes, 23 de abril de 2024

A Policía recibe a centos de turistas cunha 'macroredada' no mercado da Pedra

Redacción | @VigoDixital  |  15 de octubre de 2014 (15:38 h.)
Operación policial no mercado da Pedra

Decenas de axentes da Policía Nacional e do Servizo de Aduanas da Axencia Tributaria rexistran dende esta madrugada tendas e locais do mercado vigués en busca de falsificacións.

Nova operación policial contra a venda de falsificacións no mercado da Pedra. Decenas de axentes da Policía Nacional e do Servizo de Aduanas da Axencia Tributaria rexistran dende esta madrugada tendas e locais do mercado vigués e os seus arredores, nunha nova  'macroredada' que recibe o nome de Operación Cuarzo.

Algúns comerciantes están a colaborar cos axentes nas inspeccións, mentres que outros locais foron abertos pola forza. Até cinco locais dos arredores do mercado tamén foron precintados. Documentación e produtos, supostamente falsicados, foron incautados nunha operación que se prevé, segundo fontes policias, que se extenderá ao longo do día.

A redada coincide coa chegada de centos de turistas no 'Independence of the Seas', que miraban con curiosidade o amplo dispositivo policial, que se extende por todo o Casco Vello con até sete unidades policiais. Prodúcese un mes despois de que o mercado vigués fora incluido polas autoridades norteamericanas na lista negra de mercados que venden falsficacións.

[AMPLIACIÓN]: Primeiros detidos na Operación Cuarzo. Polo momento son once as persoas detidas, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por participar presuntamente na venda ilegal de produtos prohibidos e de tabaco. Ademais dos delitos de contrabando e contra a propiedade industrial, poderían ser acusados de fraude fiscal e branqueo.

Os comerciantes do Casco Vello mostraron o seu descontento coa intensa prensenza policial, que é o primeiro que se encontran os turistas na súa chegada en Vigo.