06:02 h. miércoles, 24 de abril de 2024

Setembro arranca cargado de activismo social

Redacción | @VigoDixital  |  04 de septiembre de 2014 (22:55 h.)
rsp2

Os próximos días haberá novas asembleas e convocatorias para abordar problemas como os desafiuzamentos, os atrasos e insuficiencia nas axudas sociais ou o peche do local Sereos 

Setembro chega cargado de activismo. As organizacións sociais da cidade reactivan as súas accións ante a falta de respostas institucionais. Os próximos días haberá novas asembleas e convocatorias que abordarán algúns dos principais problemas sociais da cidade, como os desafiuzamentos, as persoas afectadas polas cláusulas solo ou colapso das axudas sociais.

Este xoves volveron ás rúas os colectivos sociais, convocados polo grupo Imán, que protestan dende hai más de un ano polo peche do local de Sereos. O voceiro do Imán, Antón Bouzas, considera que hoxe as razóns do desaloxo son evidente. Apunta a que o Concello expulsounos do local onde levaban 16 anos na rúa Elduayen porque quere reformar a zona. 

Onte tiña lugar unha nova xuntanza da denominada Asemblea de Movementos Sociais, creada recentemente pola Federación Veciñal, que co apoio de diferentes organizacións como a Plataforma Claúsulas Solo, a Rede Solidaria Popular, o grupo Imán, BNG, Equo, Anova, Alternativa Socialista e os sindicatos CIG, CUT, sindicato ferroviario e CGT. A Asemblea traballa nunha folla de rota para conseguiren que o Concello de Vigo axilice e mellore as axudas sociais, dotando de máis persoal e presupostos á concellería de Benestar Social. Preparan mobilizacións e unha recollida de sinaturas a partir da semana próxima para aumentar a presión sobre o consistorio.

Pola súa banda, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui reunirase este sábado 6 de setembro para reiniciar accións de activismo contra os desafiuzamentos. A organización convocou unha asemblea aberta na parroquia do Cristo da Victoria, as 17.30h. Media hora despois dará comezo ademais unha xuntanza da Rede Solidaria Popular, no local da CGT, para organizar unha manifestación co lema Pan, Teito e Traballo. 

O próximo venres 12 será a Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia quen continúe coa campaña de sinaturas a prol da Renda Básica iniciada meses atrás. Desta volta, farano cun posto fronte ao mercado do Calvario de 17 a 20h.