11:48 h. jueves, 25 de abril de 2024

IMPUTADO O PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES

As sospeitas contra a directiva comunal salfiren o proxecto de Porto Cabral

Redacción | @VigoDixital  |  13 de octubre de 2014 (10:00 h.)
Luís Rodríguez [Imaxe: lembranzas-ines.blogspot.com.es]

O presidente dos comuneiros e comuneiras de Cabral, Luís Rodríguez, vén de ser imputado por apropiación indebida nunha “operación fraudulenta", segundo a Fiscalía, onde cambiou un terreo industrial por dous terreos que xa eran comunais.

A oposición de moitos comuneiros e comuneiras ao proxecto de Porto Cabral ten orixes de vello. Na veciñanza de Cabral foi medrando a desconfianza cara a xunta reitora da Comunidade de Montes por unha serie de operacións cos terreos comunais. Sospeitas que fixeron ver a moitas persoas con escepeticismo o proxecto para a instalación megacentro comercial -promovido por Eurofund- en Liñeiriños, que a directiva comunal ocultou nun primer momento para logo o apoiar sen fisuras. 

A recente imputación por apropiación indebida do presidente da Comunidade de Montes, Luis Rodríguez, súmase a unha longa listaxe de causas abertas, de presupostos baixo sospeita e acusacións de nepotismo. A actitude da diretiva fronte a oposición a Porto Cabral, que medra con cada denuncia, aumentou a tensión na parroquia viguesa.

Foi precisamente unha denuncia dos opositores a Rodríguez, por unha permuta de terreos en 2012, a que deu paso á investigación xudicial. A permuta foi negociada coa inmobiliaria Grucave SL, sen coñecemento dos comuneiros e comuneiras, e onde intercambiou 3.140 metros cadrados de terreo industrial (xunto ao cemitero de Puxeiros) por dúas parcelas de 4.300 de terreo rústico en Cotogrande.

En opinión da fiscalia trátase dunha operación fraudulenta ao "infrinxir a normativa da propia comunidades de montes”, dado que non coa autorización da Xunta, que xa se pronunciara en contra en 2006. 

Ademais da diferenza de valor, a Fiscalía asegura que as dúas parcelas xa están dentro dos límites da comunidade.

Ademais da diferenza de valor nas propiedades intercambiadas, a Fiscalía asegura que as dúas parcelas xa están dentro dos límites da comunidade, segundo se desprende da documentación da Xunta. De confirmalo a xustiza, a directiva comunal tería entregado un terreo industrial por dous que xa eran da súa propiedade, logo de que Dirección Xeral de Montes bloqueara os intentos anteriores. 

Estes feitos levaron á maxistrada do Xulgado de Instrución 8 de Vigo a chamar a declarar --como imputado-- a Rodríguez o vindeiro 30 de outubro. A titular do Xulgado de Instrución número 8 requeriu a Grucave SL a escritura de permuta e a proba de adquisición prezo das parcelas Cotogrande.

Tamén chamou á perito da Xunta a declarar como testemuña, exixiu á notaría na que se fraguou a permuta que aporte a escritura dos terreos, que segue a investigar a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) por petición da xuiza instrutora.