14:03 h. Viernes, 13 de diciembre de 2019
SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA

Vigo acollerá unhas xornadas de solidariedade coa Ucraína antifascista

"Mar de Lumes", en colaboración coa LEG, realizarán unha palestra arredor do conflito e convocan unha concentración solidaria esta semana.

Redacción | @VigoDixital  |  15 de septiembre de 2014 (12:28 h.)
Más acciones:

O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista “Mar de Lumes”, en colaboración coa Liga Estudantil Galega, convocan esta semana na nosa cidade unhas xornadas solidarias coa Ucraína antifascista baixo o lema “paremos a agresión imperialista”.

A programación inclúe unha palestra arredor da situación que se vive naquel país do leste europeu. Óscar Valadares será o encargado de debullar o conflito desatado tras o golpe de estado que derrocou ao Presidente Ianukovich, auspiciado polas potencias occidentais e participado por grupos neonazis no chamado “Euromaidan”, e a proclamación –por referendo popular- das República Populares de Donetsk e Lugansk.

Arestora o conflito atravesa un impass logo do cesar o fogo acordado entre Kiev e as milicias populares antifascistas.  Estímase que as vítimas mortais, maiormente civís, superan os dous milleiros, e son centos de miles as persoas desprazadas das súas vilas e cidades a consecuencia dos bombardeos e ataques de artillería por parte do exército comandado polo goberno golpista. A charla terá lugar esta terza feira (martes) día 16 ás 20:30h na Libraría Andel (Camelias 102).

Completa o programa das xornadas unha concentración solidaria co povo ucraíno e a resistencia da rexión do Donbass, convocada para a sexta feira (venres) 19 ás 20:30h diante do MARCO

 

[Vídeo] Chamamento de Novorossia aos pobos de europa