11:31 h. viernes, 29 de marzo de 2024

SOCIAL

Vigo ocupa a quinta posición entre as urbes galegas en gasto social

Redacción | @VigoDixital  |  21 de diciembre de 2014 (14:29 h.)

A nivel de Estado ocupa o posto 2.945 no ránking municipal de protección social, ao destinar apenas 66,79 euros por habitante, segundo datos do Ministerio de Facenda.

O goberno local insiste en que Vigo é un exemplo a seguir en canto a políticas sociais. De feito, os concelleiros do PSOE defenderon os presupostos municipais como “os máis sociais da historia da cidade”. Malia estas declaracións, os datos mostran unha realidade moi diferente.

Vigo ocupa o posto 2.945 no ránking de gasto social dos municipios do Estado, segundo cifras ofrecidas polo Ministerio de Facenda referentes a 2013. O investimento por habitante situouse en 66,79 euros por habitante. Nin sequera está a cabeza entre as urbes galegas. Lugo, Vilagarcía, Ferrol ou A Coruña superan á cidade olívica nesta partida. A principal cidade galega ocupa o quinto lugar.

O informe de Facenda desmonta a versión do goberno municipal de que Vigo conta coa menor débeda do estado español.

O informe de Facenda tamén desmonta a versión do goberno municipal de que Vigo conta coa menor débeda do estado español. É de feito a quinta cidade galega, no posto 1.471. Cada vigués e viguesa ‘debe’ 89,25 euros.

Respecto a outro baremo que recollen os datos ministerais, o gasto en servizos públicos básicos (recollida de lixo, alumeado, auga…), Vigo encóntrase á cola das grandes cidades galegas, lonxe da Coruña, que investiu 469 euros por habitante fronte aos 371 da nosa cidade, situado na media galega. 

Para alén das cifras, a mellor mostra de que os socialistas vigueses gobernan alleos á situación social da cidade chegou do propio persoal municipal. Durante toda a semana, sucedéronse as protestas das traballadoras sociais pola falta de persoal, que provocou durante este 2014 atrasos na tramitación de axudas, de carácter urxente, para centos de persoas e familias sen recursos.