23:37 h. Vernes, 22 de Septembro de 2017

Vigo Dixital

SOCIAL

Unha xoiería ocupará o antigo local do programa Sereos

A reforma da praza de Argüelles afecta tamén ao interior do local, onde se trasladará a tenda contigua dos baixos comerciais da rúa Elduayen.

Redacción | @VigoDixital  |  08 de Xaneiro de 2015 (07:01 h.)
Máis accións:

O antigo local de Sereos, pechado polas obras de reforma
O antigo local de Sereos, pechado polas obras de reforma

Ano e medio despois de que o Concello de Vigo pechara o programa Sereos, o lugar onde nacera hai 17 anos segue baleiro. Pero será por pouco tempo. As obras de reforma da Praza de Argüelles, en marcha dende novembro, afectan tamén ao interior do local. Próximamente o ocupará a xoeiría contigua, situada nos baixos comerciais da rúa Elduayen que operan baixo licenza municipal, segundo confirman os comerciantes da zona e os operarios.

A opacidade que rodeu o peche do local, en agosto de 2013, deixa agora entrever o trasfondo da decisión do goberno municipal. O Concello ignorou un total de 27 solicitudes de información sobre o tema, segundo constata o Valedor do Pobo. E un ano despois da expulsión do programa anunciaba a reforma da praza.

Para os defensores do histórico programa municipal as intencións estaban claras dende o comezo: expulsar aos colectivos máis marxinais, persoas sen teito, drogodependentes e prostitutas, do centro da cidade. 

Para os defensores do histórico programa municipal as intencións estaban claras dende o comezo, pese as promesas do Concello dun novo local: expulsar aos colectivos máis marxinais, persoas sen teito, drogodependentes e prostitutas, do centro da cidade. 

O autobús non soluciona os problemas do peche

Hoxe o servizo que cubría Sereos continúa nun autobús, que xestiona Érguete, despois de estar durante un ano nunha furgoneta en Jacinto Benavente. Desta forma, o departamento de Benestar Social solucionaba unhas das protestas máis repetidas entre as persoas usuarias, obrigadas a estar á intemperie. 

Porén, o programa perdeu a súa esencia, consideran os seus promotores, que consideran unha nova ofensa que a alternativa sexa un autobús. O evidencia un notable descenso de usuarias e da cantidade de material sanitario intercambiado. Abandonáronse os obradoiros e dinámicas de grupo, non teñen un lugar onde asearse e o local só está aberto polas mañás.