
A Autoridade Portuaria iniciou xa os trámites para o traslado do Bernardo Alfageme
Fontes do organismo confirman que o Concello solicitou a autorización para sacar o buque do astaleiro Cardama, onde se realizan os traballos de reparación.
Fontes do organismo confirman que o Concello solicitou a autorización para sacar o buque do astaleiro Cardama, onde se realizan os traballos de reparación.
O Concello trasladara supostamente o pasado domingo máis dunha vintena de denuncias por atentado contra a autoridade, segundo recollía a prensa local. [Vídeo no interior]
Negan as acusacións contra os tres veciños detidos e insisten en que a protesta é pacífica. O goberno municipal vén de denunciar a 25 das 40 persoas identificadas durante o mes de loita veciñal. [Vídeo no interior]
O veciño foi como testemuña á comisaría para aclarar os feitos do 15 de decembro, cando se produciu a primeira detención, e rematou no calabozo acusado de atentado contra a autoridade e lesións pola mesma causa.
Os comuneiros de Lavadores encontraron o pasado domingo unha morea de lixo, a maioría cos logos do coñecido establecemento e a poucos metros do seu local.
Dous veciños detidos e acusados, decenas de persoas identificadas e sancións por apoiar a protesta dende o seu vehículo son o saldo tras un mes de resistencia veciñal. [Vídeo no interior]
Unha persoa foi detida e 24 identificadas despois de que o colectivo veciñal conseguira entrar a primeira hora da mañá de onte na redonda. [Vídeo no interior]
As sancións súmanse a unha vixianza permanente da Policía Local na redonda, onde practicaron decenas de identificacións. O colectivo veciñal teme máis casos.
A empresa e os axentes apostaban por retirarse despois de que a veciñanza paralizara a maquinaria. A presión dende Praza do Rei mantén un amplo dispositivo que leva máis de 24 horas na zona. [Vídeo no interior de GZVideos]
O alcalde respondeu con descualificacións á veciñanza de Coia, que paralizou o último pleno do ano para mostrar a súa oposición á obra. Aprobouse unha moción do BNG que obriga a repoñero axardinamento. [Vídeo no interior]