Tras a polémica decisión do Goberno municipal de prorrogaren por 25 anos máis a concesión do Jonathan en Samil, a pesar da oposición política e veciñal, recollemos unha serie de fotografías que ilustran como era o areal antes, e despois, da instalación nel de diferentes dotacións.
Samil, nos anos 60 [Imaxe: Vigoblog]
Sistema dunar en Samil [Imaxe: Beli-VigoAntiguo]
Vista áerea do areal de Samil na década dos 60 [Imaxe: Vigopedia]
O Hotel foi das primeiras edificacións en liña de praia. 1970 [Imaxe: Vigopedia]
E chegou o cemento
Durante as décadas dos anos 70 ao 90 a liña de praia foi utilizada para instalar un paseo peonal e diversas dotacións dedicadas á restauración, hostalaría, usos deportivos e aparcadoiro. Os expertos apuntan que estas edificacións supuxeron a desaparición do sistema dunar da praia, o que impide que o areal se rexenere fronte a acción erosiva do vento e do mar.
O proxecto de rexeneración de Samil e o PXOM prevén o retranqueo de 27 metros atrás da liña que actualmente ocupa o paseo. Desta maneira a praia podería duplicar a súa superficie de area, recuperando 19.000 metros cadrados arestora sepultados baixo cemento.
Á esquerda o muro recén construído sobre o que se asenta o actual paseo [Imaxes: Vigoblog e Sonymage]
Vistas áereas das instalacións sobre o que antes era areal [Imaxes: Ecoopcion]