03:05 h. viernes, 19 de abril de 2024

TRANSPARENCIA

O Concello oculta a factura eléctrica do alumeado de Nadal

Redacción | @VigoDixital  |  20 de diciembre de 2014 (17:56 h.)
Alumeado de nadal en Vigo [Imaxe: Ernesto Ilkerman]

A administración local non facilita as estimacións sobre o consumo para un estudo a nivel estatal no que si participou o pasado ano.

O Concello de Vigo agocha o gasto dos milleiros de luces de Nadal. Un estudo da ‘Asociación pro Derechos Civiles, Económicos y Sociales’ (Adeces), que avalía cada ano o alumeado de 52 cidades a nivel de Estado, revela que a administración viguesa negouse a facilitar as estimacións sobre a consumo eléctrico, malia que o ano pasado si participara no informe.

O Concello aumentou case un 25% a partida para o alumeado de Nadal até os 382.000 euros

Vigo é xunto a outras seis cidades, entre elas Lugo, as únicas que manteñen oculta a fáctura prevista. O que si é público é que o Goberno de Caballero aumentou case un 25% a partida para o alumeado de Nadal, pasando dos 292.000 euros en 2013 até os 382.000 en 2014. 

Só o aluguer dos elementos de alumeado decorativo, que ten un importe de 133.826 euros, un terzo do orzamento, adxudicada á empresa Blachere Iluminación.

O aumento da partida pódese comprobar coa ampliación do número de arcos e motivos luminosos, que pasou de 1.100 a 1.900, e que está presente en máis rúas da cidade. Unha aposta persoal do alcalde que decidiu adiantar o acendido para, segundo afirmou, reactivar o comercio local. 

Outros traballos, como os xardíns con adornos da Porta do Sol e da rúa Príncipe, recaeron sobre o persoal de Cespa, contrata pública para o mantemento de parques.