15:47 h. miércoles, 24 de abril de 2024

AFOUTEZA CELESTE

O día da marmota

Silvia B.P. | @SilviaBP10  |  08 de diciembre de 2014 (16:40 h.)
CELTA

Análise do encontro entre o RC Celta e o Real Madrid.

A historia de sempre. Iso é o que vivimos no Bernabeu. Unha e outra vez o mesmo desenlace. Un equipo pequeno que aguanta os xogadores da carteira de Florentino, até que chega o asubío que tira por terra o traballo dunha semana.

O Celta plantou cara nun escenario difícil. Onde a maioría dos equipos saen encollidos, o once de Berizzo xogou coa cabeza ben alta e controlando aos de Ancelotti. Despois do minuto 35 o partido deixou paso á impotencia. A mesma sensación que co gol en fóra de xogo no Camp Nou, o gol legal no Villamarín, o penalti non asubiado en Mallorca ou o misterioso fenómeno dos penaltis de Jonny que ninguén ve.

Piscinazo lamentábel que retrata a soberbia do engominado fronte ao traballo dun dos nosos

O Celta vive o día da marmota dos erros arbitrais clamorosos. Unha reincidencia que hai tempo que apesta. Parece que a Liga empéñase en matar a nosa ilusión a base de mamporrazos arbitrais. Puto fútbol negocio! É lamentábel que un teatreiro e un árbitro boten por terra o traballo de toda unha semana. Que podemos agardar dunha Liga dirixida por quen visita a ladróns en prisión (si, falo de Tebas e Del Nido). Cando teñen pensado castigar aos tramposos?

Que triste! Bota de Bobo é o que merece. 

Cristiano Penaldo ingresa el soiño máis salario que todos os xogadores do Celta xuntos. Porén, o que aspira a Bota de Ouro, precisa das trampas para vencer ao Celta. Piscinazo lamentábel que retrata a soberbia do engominado fronte ao traballo dun dos nosos. Que triste! Bota de Bobo é o que merece. Hoxe as portadas da prensa madrileña falaran de récords é obviarán un piscinazo lamentábel, que coa complicidade de Undiano, condicionou o partido. Dezasete millóns de euros lanzándose en prancha cara ao amor da súa vida. Penalti inxusto e festival de cartóns.

Podemos deixar para outro día a impunidade de Ramos para protestar na cara do árbitro. Por hoxe xa chega.

Non aos francotiradores no Bernabeu.

Orgullosa dos nosos.

Sempre Celta!