Imprimir

Feministas protestan contra a farmacia viguesa que nega a venda de anticonceptivos

Redacción | @VigoDixital | 07 de octubre de 2014

Activistas da Asemblea Feminista Galega manifestáronse ás portas do estabelecemento portando cartaces e con consignas a prol do dereito das mulleres a rexeren sobre os seus corpos. [Vídeo no interior]

[Vídeo: GZ Vídeos]

A pasada sexta,  3 de outubro, a Asemblea Feminista Galega realizou un protesto diante da farmacia da Praza de Eugenio Fadrique. Tal e como informou VIGO dixital semanas atrás, o estabelecemento négase a vender anticonceptivos.

Varias activistas despregaron cartaces e berraron consignas nas que aludían ao dereito da muller a rexer sobre o seu corpo, e criticaban a posición dos propietaria do estabelecemento. A Asemblea Feminista Galega denunciou a actitude da farmacéutica, ao consideraren que “atenta gravemente contra os dereitos das mulleres e ao dereito a gozar dunha sexualidade segura”. Asemade, atribúen a negativa do establecemento á súa adscrición ideolóxica ultraconservadora, que sitúan “próxima ao Opus Dei e á rede pro-vida”. 

Desde a AFG, denunciaron tamén a dupla moral de quen rexeita o aborto e, ao tempo, se nega a fornecer de alternativas anticonceptivas a quen acude para as comprar. “Queremos anticonceptivos para non abortar” rezaba unha das pancartas exhibidas no protesto.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/feministas-protestan-farmacia-viguesa-nega-venda-anticonceptivos/20141007183759000580.html

Vigo Dixital
© 2019 Vigo Dixital

VIGO dixital | Información local ao servizo da veciñanza
>Na Rede desde o 1 de setembro de 2014


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS