06:24 h. jueves, 25 de abril de 2024

ASÍ SOA VIGO

Funky Monkeys, música con ritmo e un directo enorme

mosK  |  20 de septiembre de 2014 (10:00 h.)

O grupo actúa este sábado 20 ás 21:15h na Fábrica de Chocolate xunto a Crazy Little Freak.

O nome desta banda é toda unha declaración de intencións que se constata nos seus directos. Son Funky e tamén son “Fun” como os monos, polo que a súa música e vibrante de ritmo e diversión, para non quedarse quedo. Os  seus compoñentes son José Argibay (teclado), Jorge Villar (baixo), Javier Vidal (voz), Sergio Martínez (batería) e Rober Rey (guitarra).

O grupo actúa este sábado 20 ás 21:15h na Fábrica de Chocolate

O seu repertorio, que definen eles mesmos como “Funk, disco e festa!”,mistura temas propios e versións, sen opción a defraudar ao público. Contan cunha posta en escena que xa incita a poñerse de bo humor, na que salienta a animación do seu vocalista, Javier Vidal, que non deixa que ninguén se quede indiferente...nin parado.

As persoas que teñan ocasión de poder velos terán ocasión de desfrutar de boa música nun espectáculo que permite ter un sorriso durante e despois do concerto. Este sábado 20 de setembro podedes escoitar aos Funky Monkeys na “Fabrica de Chocolate” a partires das 21:15 xunto a Crazy Little Freak.

 

Ligazóns:


>Facebook: https://es-es.facebook.com/FunkyMonkeysVigo
>Twitter: https://twitter.com/Funky_Monkeys_
>Youtube: http://www.youtube.com/channel/UCTxwz7yx0AuONwwkfmLk_vw