21:00 h. jueves, 28 de marzo de 2024

TRABALLO

Gallardón xa non está, mais o indulto a Carlos e Serafín segue pendente

Redacción | @VigoDixital  |  14 de octubre de 2014 (10:00 h.)

A CIG lanza un spot en vídeo chamando a participar na manifestación que convoca canda  CCOO e UGT para exixiren máis unha vez o indulto para os traballadores Carlos e Serafín. [Vídeo no interior]

[Vídeo: Avantar-CIG]

Á longa e agónica espera que soportan os traballadores Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de prisión por teren participado dun piquete informativo durante a folga do transporte en 2009, é o fío condutor do spot en vídeo co que a CIG chama a participar dunha nova concentración de solidariedade. Terá lugar a vindeira quinta feira (xoves) día 16 ás 20h no MARCO, e está convocada por CIG, UGT e CCOO.

O executivo central, en mans do Partido Popular, xa rexeitou unha vez outorgarlles a medida de graza.

"Gallardón xa non está, mais o indulto segue pendente". Así reza o vídeo que veñen de lanzar e a difundir nas redes sociais. Desta maneira, a central nacionalista aproveita a saída do que ora Ministro de Xustiza para denunciar a dilación do Goberno español na tramitación da segunda petición de indulto

O executivo central, en mans do Partido Popular, xa rexeitou unha vez outorgarlles a medida de graza. Mentres os dous traballadores condenados agardan a decisión gubernamental "o Estado español indulta capitalistas e corruptos" denunciase na peza audiovisual.

Carlos e Serafín contan co apoio das tres centrais sindicais, de grupos políticos como o BNG e AGE, de institucións como o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra ou o Parlamento galego, ademais do amplo sentir social contrario ao seu ingreso en prisión.