00:48 h. viernes, 29 de marzo de 2024

SANIDADE

Os hospitais de Vigo sen camas e as urxencias colapsadas

Redacción | @VigoDixital  |  08 de enero de 2015 (18:33 h.)
Doentes nos corredores (Foto: CIG)

CIG e CCOO aseguran que a saturación pola falta de habitacións e persoal, que se sucedeu todo decembro no Xeral e no Meixoeiro, segue a repetirse malia as protesta.

Camas pechadas e persoal sen substituir. Dous elementos que xunto ao pico de gripe invernal están a provocar un continuo colapso dos servizo de Urxencias nos hospitais vigueses. Esa é a denuncia dos sindicatos e do persoal sanitario.

Este xoves pola mañá 38 persoas seguían á espera dunha cama, segundo CCOO, para ser ingresadas no Xeral e no Meixoeiro. Dende CIG-Saúde piden a dimisión inmediata do xerente do EOXI, pola decisión de pechar camas e de reducir recursos asistencias cando era de esperar un incremento dos doentes, por patoloxías asociadas a procesos virais.

Dende CIG-Saúde piden a dimisión do xerente do EOXI, pola decisión de pechar camas e de reducir recursos

“Estes repuntes son perfectamente previsibles, e, con variacións de unha ou dúas semanas, podemos saber cando se van a producir. En función das cepas de virus dominantes tamén podemos adiantar á poboación que será máis afectada, que neste caso, ao tratarse do Virus H3N2, afecta máis a persoas maiores, polo que era de agardar unha maior demanda en urxencias por tratarse de poboación máis fráxil e con patoloxías crónicas”, apunta a CIG nun comunicado.

Camas pechadas para aforrar persoal

CCOO sinala pola súa banda que “a Xerencia da EOXI pretendeu ter camas pechadas para o uso con peonadas e así dar maquillaxe as longas listas de espera desta area sanitaria, logo pretendeu telas libres para aforrar en plantillas e sustitucións, e agora atópase con que seu obxectivo non se pudo cumprir dada a afluencia de doentes aos servizos de urgencias".

Ambas centrais sindicais consideran que a incapacidade da actual Xerencia non é casual, senón parte dos plans da Xunta. Para o sindicato nacionalista é unha mostra máis da vontade por “desmantelar a Sanidade Pública”, mentres que para Comisións busca desprestixiar aos traballadores públicos, co fin de xustificar a futura privatización de servizos.