En Vigo non só se fai metal. Aquí temos a Dallas Gracias, un grupo que fai unha música moi persoal e que autodefinen coma pop psicodélico e rock espacial. Un xeito propio de entender a música pop, no que se poden apreciar matices da psicodelia que envolven os seus temas.
O grupo manifesta o seu gusto por Mucho, Love of Lesbian, Los Planetas, Zoé,... que enmarcan as súas influencias. Mais ofrecen un auténtico selo persoal que lles permite chegar aos e ás máis afeccionadas ao pop.
Un formación moi nova que están a traballar para dar a coñecer a súa música en actuacións na nosa cidade. O grupo gravou un EP de seis temas en xuño dos que se poden escoitar na rede.
A banda presenta “La increíble historia de la chica de Autralia” cun directo o sábado 25 de outubro no XancaraJazz MusicBar, na Rúa Isabel II nº 6, a partires das 23:45h por unha entrada de 2€.
Dallas Gracias está composto por:
- Voz e guitarra acústica: Pol Nuñez
- Batería e coros: Sergio Martínez
- Guitarra: Martín Verde
- Baixo e coros: Nico Ariztía
Ligazóns
Para escoitar:
- https://soundcloud.com/dallasgraciasespacial/panico-y-giga
- https://soundcloud.com/dallasgraciasespacial/el-chico-de-australia
Para ver e escoitar:
Facebook: https://es-la.facebook.com/dallasgraciasvigo
Twitter: @DallasGracias
YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC70gR29EqjVL_cZ2TUCGGrQ